As razóns de PP e PSOE para desistir do pleno demostran a connivencia que teñen co alcalde
O BNG demanda a convocatoria urxente do pleno para facer efectiva a rebaixa do salario do alcalde
O portavoz municipal do BNG, Serxio Domínguez, manifestou diante das razóns esgrimidas por PSOE e PP para desistir do pleno extraordinario solicitado para facer efectiva a rebaixa do salario do alcalde Vigo, aprobado con mala fé, aproveitando a ausencia do portavoz do BNG durante dez minutos que 'esas razóns do PP e PSOE demostran a clara connivencia e confianza que teñen co alcalde Vigo'.
Serxio Domínguez engadiu que 'o lóxico sería non desistir do pleno solicitado a cambio de que Vigo convocase un novo pleno cunha nova proposta do seu salario, que é como darlle un cheque en branco para que continúe a manter o seu salario'.
O portavoz do BNG estima que 'ao contrario do que afirman PP e PSOE, o salario do alcalde é unha cuestión que afecta ao interese xeral que é convinte substanciar para a súa definición e escrarecemento canto antes, porque a situación económica do Concello non permite que o alcalde teña a abusiva retribución de 42.000 euros anuais'.
Ademais, Serxio Domínguez, manifestou que 'en canto á reunión mantida co alcalde, unha conversa informal acompañado doutro compañeiro, foi para escoitar as razóns de por que non agardou 10 minutos para celebrar o pleno e para afearlle a súa falta de ética, demandándolle a convocatoria dun pleno.
Por outro lado, anunciamos que foron Pp e Psoe os que nos fixeron saber ao Bng que si estaban dispostos a chegar a un acordo económico por unha cantidade menor, o Bng nunca propuxo nin a alcalde nin ao resto da oposición cantidades, estando incluso o Psoe disposto a ceder a súa postura inicial de non dar soldo algún.