A deputada nacionalista Ánxela Franco e o concelleiro Serxio Domínguez destacan o labor desenvolvido por ASPADEX na Costa da Morte

IMG_6021

Visitaron o centro de CEE que conta co apoio da Deputación da Coruña a través de varias liñas de axudasIMG_6012

A deputada nacionalista Ánxela Franco e o concelleiro Serxio Domínguez destacan o labor desenvolvido por ASPADEX na Costa da Morte

A responsábel da área de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, a nacionalista Ánxela Franco, e o concelleiro do BNG en CEE, Serxio Domínguez, visitaron as instalacións que ASPADEX ten en Vilar de Toba no concello de CEE e atenderon as necesidades e as propostas da entidade.

 

A mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias é o obxectivo da Asociación ASPADEX que conta en Vilar de Toba co centro ocupacional e cun centro de día que visitaron Ánxela Franco e Serxio Domínguez.  Ademais de coñecer de primeira man as urxencias e as propostas da entidade, a deputada aproveitou para coñecer a mellora nos accesos ás instalacións que se desenvolveu o pasado ano cunha axuda da Deputación da Coruña de 26.000 euros a través da liña de subvencións a entidades de servizos sociais.

Ánxela Franco e Serxio Domínguez quixeron coñecer tamén o desenvolvemento do programa de respiro familiar, un servizo moi ben valorado e único na súa zona de influencia que conta con axuda da Deputación da Coruña. O proxecto enmárcase dentro dun ámbito supramunicipal, abarcando os concellos de Fisterra, Corcubión, Cee, Carnota,  Mazaricos, Muxía, Dumbría, Vimianzo, Camariñas, Zas e Muros

A deputada Ánxela Franco e o concelleiro Serxio Domínguez destacaron o “importantísimo traballo que desenvolve a entidade que ten unhas 65 persoas no centro ocupacional e atende a outras 80 no programa de respiro familiar” sinalaron .

Quixeron destacar  o traballo de ASPADEX á hora de facilitar a inclusión social e promover unhas relacións interpersoais satisfactorias ademais de dar os apoios necesarios para a autodeterminación, promovendo a defensa dos dereitos das persoas condiscapacidade intelectual “

ASPADEX tamén vai recibir da Deputación da Coruña nos vindeiros meses unha  furgoneta de transporte adaptado financiada na súa totalidade pola Deputación despois de concorrer a unha nova liña de subvencións que se puxo en andamento en 2016.IMG_6013

A deputada nacionalista Ánxela Franco e o concelleiro Serxio Domínguez destacan o labor desenvolvido por ASPADEX na Costa da Morte