PROGRAMA ELECTORAL 2023
COMERCIO. EMPREGO E ECONOMÍA
O BNG de Cee presenta o seu proxecto de futuro para o concello de Cee
12 maio 2023 - 18:33
COMERCIO
- Xestionaremos a chegada de marcas importantes ao centro comercial para facer unha zona outlet que atraia a xente da comarca a visitar Cee.
- Crearemos o AmaCee, unha plataforma online onde os comercios locais poderán vender os seus productos por internet, para que todo o comercio de Cee estea a un click.
- Dinamizarémos o Mercado Municipal, modificando as bases de usos dos locais, tanto no que se refire aos prezos, como aos anos de concesión e a finalidade específica de cada posto.
- Faremos cumprir a normativa da zona azul, nun principio cunha campaña informativa e educativa temporal, pasando despois a súa aplicación.
- Poremos a disposición dos clientes do mercado, de maneira gratuíta, as prazas libres de aparcamento do soto.
- Impulsaremos unha nova zona comercial no casco histórico, mediante a posta a disposición de empresas interesadas, de baixos comerciais en alugueiro, ao estilo Allariz.
- Abriremos unha nova cafetaría na parte de abaixo do mercado que poda ter acceso dende o exterior, sen necesidade de ter as portas principais abertas, facendo mais apetecible e rendible a concesión.
- Ofertaremos a apertura dos postos do mercado abríndoos con vidreiras e escaparates cara o exterior, facéndoos mais atractivos e dinámicos.
EMPREGO E ECONOMÍA
- Xestionaremos con SEA (Suelo Empresarial del Atlántico) a construción de naves para ofrecer en aluguer.
- Aprobaremos un PXOM no que a marxe esquerda da ría quede para o futuro como zona industrial e de creación de postos de traballo.
- Impulsaremos a creación dunha base anticontaminación no peirao de Brens. As costas estarán protexidas, e crearase actividade económica e postos de traballo.
- Trasladaremos todas as ITV MOVIL para o polígono empresarial.
- Poremos en marcha mais sistemas de aforro enerxético no alumeado público para reducir a factura eléctrica, co apagado por horas onde non sexa necesario estar sempre encendidas.
- Modernización e adaptación ás novas realidades e necesidades das instalacións dos antigos estaleiros SICAR. Miles de barcos mercantes de pequena e mediana eslora pasan continuamente polas nosas costas e de seguro que entrarían nestas instalacións a pintar ou reparar, ou simplemente a revisar.
- Poremos as instalacións da SICAR no mercado.
- Demandaremos ás administracións implicadas (Ministerio Medioambiente, Consellería de Industria,...) do estudo da viabilidade de construír un espigón cara o nordés no peirao onde está a depuradora (Cubiles), para colocar pantaláns de embarque que manteñan ao abrigo dos temporais as embarcacións de recreo.
- Apostaremos por facer no edificio contiguo á actual depuradora (e que actualmente está en ruínas) un museo do mar de titularidade pública, cunha parte adicada a carpintería de ribeira. Nestas instalacións repararíanse as embarcacións máis pequenas. O museo será un referente de todo o que significou e significa para Cee (baleeira de Cañeliñas, SICAR, ...).