PROGRAMA ELECTORAL 2023

SANIDADE - BENESTAR SOCIAL - SERVIZOS SOCIAIS. MEDIO AMBIENTE

web_sanidade_ambiente
O BNG presenta o seu proxecto de futuro para o concello de Cee
SANIDADE - BENESTAR SOCIAL - SERVIZOS SOCIAIS. MEDIO AMBIENTE

SANIDADE- BENESTAR SOCIAL-SERVIZOS SOCIAIS

  • Poremos freo ao desmantelamento do hospital comarcal e recuperaremos os servizos perdidos. A xente da Costa da Morte ten que vir a Cee para as súas consultas das especialidades que precisen e tamén para as súas revisións periódicas, sen ter que desprazarse ate Coruña. Ese feito mellorará as rendas da nosa xente pola reducción que supón no capítulo de gastos.
  • Revisaremos o catálogo de especialidades e servizos dos que dispón, tanto o hospital como o centro médico de Cee.
  • Instaremos ao Sergas a mellorar a situación do centro de saúde con: 
    • Accesos prácticos e seguros con ramplas antiesbaradizas; adaptación das portas para o acceso cómodo de cadeiras de rodas e carros de bebes; e a adecuación da sala de emerxencias ao numero de habitantes ao que presta servizo actualmente.
    • Adecuación do servizo de recepción para garantir a privacidade dos pacientes e o confort térmico para os traballadores e traballadoras
    • Estudio do problema das humidades e solución das mesmas; así como do sistema de calefacción existente.
    • Adaptación dos baños para persoas con problemas de mobilidade, e reparación dos desperfectos existentes; así como da instalación eléctrica en mal estado.
    • Adaptación e renovación do mobiliario ás necesidades actuais.
  • Xestionaremos ante o Sergas a ampliación do servizo de pediatría.
  • Reorganizaremos os Servizos Sociais Municipais. Analizaremos a realidade a pé de rúa das persoas que estean en exclusión social, xestionándolle de oficio todas as oportunidades para evitalo.
  • Poremos en marcha un servizo a domicilio para persoas maiores e persoas con discapacidade, para impartir talleres de envellecemento activo por parroquias, valoración, asesoramento e apoio a familias con situacións de dependencia no fogar.
  • Crearemos un banco de alimentos para a colabración coas familias necesitadas.

 

MEDIO AMBIENTE

 

  • Poremos en marcha un Refuxio de Animais, en colaboración cos concellos da comarca.
  • Crearemos un punto limpo central no Polígono Empresarial de Cee, con contedores e espazos axeitados para os residuos existentes no concello.
  • Arranxaremos o problema do lixo do mercado dominical; instarase a que cada posto recolla adecuadamente o seu lixo evitando que acabe na ría.
  • Análizaremos periodicamente a auga das fontes e manantiais públicos do Concello.
  • Elaboraremos un plan de limpeza, coidado e protección de praias durante todo o ano, respetable co medio ambiente e co entorno
  • Seguiremos coa promoción de composteiros domésticos para as casas que dispoñan de horta, xardín, etc., co obxectivo de reducir a factura do lixo.
  • Poremos en marcha campañas de fomento da reciclaxe da veciñanza, coa realización de campañas específicas en colexios e institutos, centros sociais e empresas.
SANIDADE - BENESTAR SOCIAL - SERVIZOS SOCIAIS. MEDIO AMBIENTE