PROGRAMA ELECTORAL 2023
MOCIDADE E FINS DE SEMANA. CULTURA E OCIO EN CEE
O BNG de presenta o seu proxecto de futuro para o concello de Cee
12 maio 2023 - 17:06
MOCIDADE E FINS DE SEMANA
- Potenciaremos un ocio nocturno de calidade, respetando zonas sensibles e axudando á creación de emprego, estimulando e permitindo o aluguer de baixos para locais de hostalaría nocturna. Porque a nosa xuventude non ten que sair do concello a pasalo ben todas as fins de semana, nin as súas familias durmir intranquilas por ter que coller o coche.
- Promocionaremos e axudaremos ás festas, verbenas e concertos nos barrios de Cee e as parroquias.
- Crearemos a Casa da Xuventude na antiga escola de música da Alameda, que albergará unha sala de ensaio para grupos de música; un pequeno auditorio para actos de esparcemento, ocio e cultura, charlas sobre saúde e sanidade, encontros de filosofía; unha aula da literatura para mesas redondas, presentacións de libros, seráns literarios,etc... con especial atención e adicación a promoción do traballo de autores locais e comarcais. Tamén servirá como centro xuvenil alternativo para obradoiros, arte, graffitis, etc...
- Crearemos unha festa, que será referencia na comarca, e que conmemore a invasión francesa do 1809.
- Impulsaremos e reclamaremos autobuses directos para estudantes ás distintas cidades galegas con universidade.
CULTURA E OCIO EN CEE
- Faremos xunto ao cabazo, ao lado da casa de cultura, o Recuncho da literatura, con paneis interactivos que conteñan códigos QR nos que se poidan coñecer e ler as obras dos autores locais
- Abriremos unha liña de subvencións ás entidades culturais, baseadas nas actividades e influencia social e económica das mesmas.
- Recuperaremos a Mostra de teatro.
- Crearemos unha Mostra de Teatro Afeccionado.
- Crearemos o Festival Rock Primavera Alan Louzán, onde contaremos con Grupos locais e de fóra.
- Recuperaremos a Feira do Libro, sumándolle, nas mesmas datas, un mercado tradicional de artesania e creación.
- Crearemos un certame anual de poesía.
- Converetiremos os Muiños de Toba e Morancelle en museos abertos, dotándoos de persoal que organize visitas en horarios determinados.
- Ampliaremos o horario de apertura da biblioteca municipal para que se adapte as necesidades do estudantado.
- Crearemos un festival para o fomento e divulgación da cultura audiovisual, especialmente o cinema galego e a produción audiovisual galega.
- Dotaremos a casa da cultura do persoal necesario para a apertura en horarios que permita acceder a todo o seu contido (exposicións, actos sociais e culturais, ...).