PROGRAMA ELECTORAL 2023

INFRAESTRUCTURAS

web_infraestructuras
O BNG presenta o seu proxecto de futuro para o concello de Cee
INFRAESTRUCTURAS

INFRAESTRUCTURAS

  • Poremos en marcha unha brigada de obras composta por cinco persoas que se encargarán do mantemento das instalacións municipais, de pequenas obras polas parroquias e a vila e da limpeza de vías e cunetas por todo o concello.
  • Asinaremos un convenio co Xunta de Galiza para a mellora integral da Avenidas Fernando Blanco e Avenida de Fisterra, que ademais de evitar accidentes e mortes nos pasos de peóns, axude a dinamización co comercio existente nelas.
  • Construiremos un parque para mascotas, onde poidan desfrutar os seus donos e elas, ademais de axudar a convivencia veciñal.
  • Uniremos os paseos de Cee e Corcubión.
  • Cubriremos o parque infantil do recheo para que se poida usar todo o ano e os xogos perduren no tempo.
  • Acometeremos a mellora do saneamento nas Casas Baratas, así como a mellora das prazas.
  • Consensuaremos co sector da madeira e forestal, os puntos estratéxicos de recollida da madeira, habilitando novos espazos, coma o estado no que teñen que quedar as pistas despois de finalizado o seu traballo, velando por unha convivencia armónica.
  • Urbanizaremos a Rúa Calzada, ancheando as beirarrúas, mellorando a iluminación e facendoa de sentido único.
  • Faremos unha nova vía polo Río Ferrol para complementar coa Rúa da Calzada.
  • Renovaremos integramente a Rúa Ferrol, coa mellora do firme, a correcta iluminación e beirarrúas alí onde sexa posible.
  • Melloraremos as vías de acceso ao campo de fútbol e ao cemiterio pola Lagarteira e Xallas, con beirarrúas a un lado, con iluminación axeitada e controis de velocidade.
  • Renovaremos a subida a Lagarteira, con beirarrúas e iluminación correcta.
  • Reformaremos a subida á Armada, así como as escaleiras que a unen a estrada a Muros.
  • Abriremos unha nova vía de acceso ao Son, dende os muiños de Toba.
  • Urbanizaremos a vía do Son até a saída a Corcubión.
  • Faremos unha reforma completa da praza dos Castiñeiros.
  • Remataremos o saneamento e formigonado das vías en Pallares.
INFRAESTRUCTURAS