REXISTRAMOS UNHA MOCIÓN PARA LEVAR AO VINDEIRO PLENO

O BNG PIDE QUE SE DOTEN OS RECINTOS DEPORTIVOS DE CEE CON APARATOS DESFIBRILADORES

O BNG PIDE QUE SE DOTEN OS RECINTOS DEPORTIVOS DE CEE CON APARATOS DESFIBRILADORES

Cada ano morren no estado español 25.000 persoas por morte súbita, case o 90% delas ocasionados por un trastorno eléctrico do corazón chamado “fibrilación ventricular”. Para este trastornos, o único tratamento efectivo é a chamada “desfibrilación precoz” que se trata cun desfibrilador semiautomático (DESA) un pequeno aparello que se conecta a vítima que na teoría acaba de sufrir unha parada cardíaca, por medio de electrodos adhesivos.

O DESA analiza automáticamente o ritmo do corazón e, de identificar un ritmo de parada cardíaca tratable mediante a desfibrilación, recomenda unha descarga que debe realizarse pulsando un botón. Si pola contra o ritmo que detecta non é o recomendado para usalo, por exemplo un desmaio, o desfibrilador nunca permitirá esa descarga. O seu uso resulta moi sinxelo, xa que  mesmo aparato vai guiando ao reanimador/a durante todo o proceso por medio de mensaxes de voz, dando as ordes paso a paso. Calquera persoa pode usalo con simplemente ter superado un curso de formación específico,  sen ser preciso ser un profesional da medicina.

Unha porcentaxe alta dos accidentes cardiovasculares mencionados suceden en lugares adicados a eventos deportivos, ben sexa aos propios deportistas, ou mesmo a aficionados. É por iso que existen razóns de peso para que os principais recintos deportivos do noso concello conten con ese servizo. Do mesmo xeito que a ninguén lle pasa pola cabeza ter un destes recintos que non dispoña de auga quente sanitaria ou extintores situados estratéxicamente para loitar contra un posible incendio, en moi pouco tempo tamén asimilaremos que ter aparellos defibriladores é necesario e imprescindible. Nos países mais desenvolvidos xa existe a tendencia a colocalos nos sitios mais transitados para evitar casos de mortes súbitas, dado que a súa efectividade é, como xa dixemos, máxima nos primeiros intres de accidente.

Na actualidade existen no mercado desfibriladores moi alcanzables, económicamente falando, polo que a inversión para cubrir as primeiras necesidades do noso concello é ínfima comparado co posible salvamento de vidas humanas que pode acarear. Da mesma maneira, cada curso preciso para dar as persoas que rexenten as instalacións, ou os membros dos clubes deportivos é tamén igualamente barato.

Polo exposto, o Bloque Nacionalista Galego propón ao pleno que se doten os principais recintos deportivos do concello, campo de fútbol Sampaio de Refoxos e  polideportivos de Cee e Brens, de cadanseu desfibrilador axeitado, subvencionar os gastos que supoñan a realización dos cursos as  necesarios e persoas precisas que poidan ter que usar ditos aparellos dos clubes deportivos e/ou protección civil e estudar a posibilidade de ampliar este servizo a outras instalacións dependentes do concello.

Cee, 16 de outubro de 2017

Serxio Domínguez Louro

Concelleiro do Bng de Cee

O BNG PIDE QUE SE DOTEN OS RECINTOS DEPORTIVOS DE CEE CON APARATOS DESFIBRILADORES