NON ENVÍA A DOCUMENTACIÓN ESIXIDA POLAS RECLAMACIÓNS EN TORNO A APERTURA DO CASTELO DE AMEIXENDA

A COSELLERÍA DE CULTURA IGNORA AS PETICIÓNS DA VALEDORA DO POBO

A COSELLERÍA DE CULTURA IGNORA AS PETICIÓNS DA VALEDORA DO POBO

O Bng de Cee ven de recibir unha nova contestación da valedora do pobo a queixa presentada ante esta institución na que solicitamos, xunto coa plataforma do Castelo de Ameixenda, a apertura do mesmo, como a lei indica.

Nesta misiva, a valedora respóstanos que “a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aínda non remitiu o informe demandado”,  pese a ter a obriga de facelo nos 15 días posteriores a ser aceptada, e a que isto supón a non atención dunha obriga legal recollida no artigo 22 da Lei da Valedora do Pobo, que establece que os poderes públicos galegos están obrigados a prestar axuda e colaboración ao alto comisionado en todo aquilo que este demande.

O mesmo artigo, no seu punto 2 fala tamén de que a negativa ou neglixencia de calquera organismo, funcionario ou dos seus superiores responsables ao envío dos informes solicitados poderá ser considerada pola Valedora do Pobo de Galicia como hostil e entorpecedora das súas funcións, facéndoa pública de inmediato e destacando tal cualificación no seu informe anual ou especial, no seu caso, ao Parlamento. Tamén porá os feitos en coñecemento do seu superior xerárquico, informando sobre o seu comportamento por si fose susceptible de corrección disciplinaria.

 

Desde o Bloque Nacionalista Galego de Cee consideramos inaceptable que a consellería non atenda as demandas da institución, mais tamén cremos que este xeito de actuar obedece, sen lugar a dúbidas, a intención de deixar que pase o tempo e que se dilúan as nosas reivindicacións.

Pero nada mais lonxe da realidade, seguiremos a espera das novas da valedora mentres damos o seguinte paso de levar a iniciativa e a queixa ao parlamento de Galicia por medio do noso grupo parlamentar.

 

Cee, a 10 de xaneiro 2018

 Serxio Domínguez Louro 

Concelleiro do Bng de Cee

A COSELLERÍA DE CULTURA IGNORA AS PETICIÓNS DA VALEDORA DO POBO