Explicación do acaecido no Pleno de Organización de Cee
Logo do acaecido no día de onte, como portavoz do Bng de Cée quero aclarar o seguinte:
A miña ausencia ao pleno de organización, a pesares daqueles que queren ver, ou buscan que sexa eu como eles, ten causa sobradamente xustificada.
As sete trinta da tarde, tras asistir a unha reunión en Compostela, e atopándome de camiño cara a casa, teño un percance co coche na saida de Baiñas. Para ser mais exactos, e tras parar a atender unha chamada de móbil, o vehículo non arranca por falta de batería.
Inmediatamente chamo ao compañeiro para que me veña buscar, mais concretamente a César Pérez, compañeiro do Bng e número dous nas pasadas eleccións.
En vista de que en trinta minutos non nos daría tempo a chegar , envío dous whatsapps ao alcalde para facerlle saber da miña situación. Tras comprobar que non os lé, procedo a chamalo por teléfono e comunicarlle que me retraso 20 minutos e que fagan o favor de esperarme. A súa contestación é... Xa vemos que facemos.
As 20:12 minutos entro polas portas do concello e atópome con que xa están baixando os concelleiros, que non se me esperou. Foi decisión do alcalde celebrar o pleno e non esperar a que eu chegara, decisión totalmente errada ao meu parecer, e que él aproveitou para aprobar os puntos da orde do día sen a miña presenza.
O Bng solicitará, co apoio dos demais concelleiros e concelleiras que estean pola laboura, a celebración dun novo pleno para tratar todos e cada un dos asuntos de novo.
Un percance deste tipo non pode marcar o porvir dunha lexislatura, tendo en conta que estamos a falar dun pleno dos mais importantes a celebrar nos catro anos vindeiros.
En Cée a 4 de Xullo de 2015