Rolda de Prensa do Bng de Cee

Rolda de Prensa do Bng de Cee

En rolda de prensa, o concelleiro do Bng de Cée Serxio Domíguez Louro, acompañado de César Pérez e Carina Conde, presentou o decálogo de medidas a custe cero que lle presentará o Bng ao novo goberno en minoría que ten Cée dende o pasado sábado 13.

Dez medidas sen custe algún que suporían un primeiro paso cara acadar obxectivos imprescindíbeis para o desenrolo económico e social inmediato do noso pobo.

DECÁLOGO DE MEDIDAS URXENTES E A CUSTE CERO PARA O NOVO GOBERNO.

1. Anular, de inmediato, a venda das prazas de aparcamento do soto do mercado, e poñelas a disposición dos clientes de maneira gratuíta.

2. Retirar do Pxom o proxecto do campo de golf, evitando así que as parroquias poidan perder edificabilidade, e dicir, solares onde poder construir novas vivendas. Manter a marxe esquerda da ría como zona industrial e de creación de postos de traballo, comezando a búsqueda de empresas que se queiran instalar nos terreos do porto de brens.

3. Solicitar da Xunta de Galiza a construcción dunha Base Anti-contaminación no peirao de Brens, as costas estarán protexidas, e crearase actividade económica e postos de traballo.

4. Posta en funcionamento do Regulamento de Participación Cidadá.

5. Xestionar ante o Sergas un arranxo da situación do centro médico. Solicitar, así mesmo, o reforzo do servizo de pediatría cun segundo especialista, o ratio de nenos e nenas é suficiente.

6. Comezar os trámites para pasar a gardería municipal a rede de Galiña Azul da Xunta, facéndoa así mais económica para as nais e pais.

7. Dar solución inmediata aos problemas coa concesionaria da piscina.

8. Posta en marcha de ventaxas fiscais para todos aqueles que queiran comezar calquer actividade na zona antiga de Cée.

9. Abrir ao público dos xardíns de Fernando Blanco e cumprir coa lei no Castelo de Ameixenda (Ben de interese Cultural), obrigando a súa apertura.

10. Recuperar a Mostra de teatro de Cée, e diseñar unha programación todo o ano da casa da cultura, dotando o gran continente de contido, e facéndoa sustentábel economicamente.

A mais, convidamos ao novo goberno a que o saneamento da ría sexa o piar fundamental onde basear a acción de goberno, a separación de augas fecais das limpas, a desaparición de calquer punto de verquido a canle que atravesa o pobo, ou o bo funcionamento de bombeos e Edars debe estar por enriba de obras moito mais vistosas.

O futuro das xeracións vindeiras hai que comezar a crealo.

image1

Rolda de Prensa do Bng de Cee