O BNG DE CEE CRITICA A FALTA DE GRUPOS E ARTISTA LOCAIS NAS FESTAS DA XUNQUEIRA
O concello destina 20000 euros as festas, polo que se debería apostar tamén polos grupos locais.
Trala presentación das festa patronais deste ano, o Bng de Cée mostra a súa disconformidade a que no cartaz das festas non aparezan ningún dos artistas e grupos da localidade, nin tan sequera da comarca.
Na actualidade son moitos os grupos e artistas que están despuntando en Cée (The Suffering, The way, Animal Soul, Leokch, Caamaño, Alan Acoustic Project, Anakrusa) e algún mais con xente orixinaria do pobo como Albarusa, pero que non teñen axuda de ningún tipo, nen económica, nen tan sequera de teren un local axeitado para ensaiar, tendo que facelo nos bares e locais non aptos.
Polo tanto, e tendo en conta a cantidade económica que o concello aporta, o mínimo é contar con eles, por un lado para promocionalos e axudalos económicamente, e por outro como mostra de concienciación e ánimo a aqueles que están comezando a súa singladura no mundo da música.
Lástima é que vaian cambiando os gobernos pero non cambien os hábitos.
Por outra banda, queremos facer fincapé na necesidade de tomar certas iniciativas para que o desenrolo das festas sexa mais pracenteiro e levadeiro para visitantes e veciños/as. Pedimos pois que o concello habilite, distribuidos estratéxicamente, varios baños portátiles para evitar que co paso dos días as rúas dean malos cheiros como noutras ocasións.
Ademais, tamén é preciso a colocación de sillas suficientes nos actos que se realicen na alameda, como son os concertos das bandas de música ou os espectáculos teatrais e de ocio infantil, onde moitos dos espectadores son xente maior e as veces carecen de sitio suficente para se sentar.
Cée, a 23 de Xullo de 2015
Serxio Domínguez louro
Portavoz do Bng de Cée