CEE COAS IDEAS CLARAS
PROGRAMA ELECTORAL 2019 | EDUCACIÓN. MOCIDADE. DEPORTE
EDUCACIÓN
• Impulsaremos e demandaremos NOVAS TITULACIÓNS DE FORMACIÓN
PROFESIONAL: "Xestión forestal e do medio natural", Aproveitamento e
conservación do medio natural", "Produción agro-ecolóxica", "Enerxías renovables",
"Cociña e gastronomía", "Servizos en restauración", "Xestión de aloxamentos
turísticos", "Navegación e pesca de litoral", "Transporte marítimo e pesca de altura",
"Acuicultura", ....... todas elas con marcada implantación nas actividades
profesionais da bisbarra.
• Solicitaremos unha inspección por organismo competente das Instalacións do Vello
Instituto de Raíces, para reformalo e emendar as deficiencias existentes. Xa dispón
de patio e aulas para poder ser postas ao dia novamente para novos usos.
• Impulso de programas mixtos de formación e obradoiros de emprego.
• Demandaremos a construción dun salón de actos no C.E.I.P. Eugenio López, para
que as nenas e nenos poidan levar a cabo adecuadamente as súas celebracións.
Procederemos a realizarlle mantementos habituais que eviten o seu deterioro e os
impertinentes grandes gastos. Procederase á renovación dos lugares de ocio, á
retirada da grava, e dotarase de accesos axeitados ao polideportivo.
MOCIDADE
• Crearemos a CASA DA XUVENTUDE, que albergará, cando menos:
◦ Sala de ensaio para grupos de música, e dun pequeno auditorio (+-50 prazas),
para actos de esparexemento da xente moza, actos de ocio e cultura, charlas
sobre saúde e sanidade, encontros de filosofía, .....
◦ Aula da literatura. Nela, e mediante mesas redondas, presentacións de libros,
seráns literarios, etc, farase un traballo de concienciación á lectura e de
publicidade e promoción do traballo de autores locais e comarcais,
preferentemente.
◦ Salas de informática con wifi gratuíta.
• Apoiaremos, fomentaremos e promocionaremos as manifestacións artísticas da
mocidade de Cee.
• Crearemos o consello da mocidade.
• Elaboraremos un plan de promoción do asociacionismo xuvenil
• Impulsaremos e reclamaremos autobuses directos para estudantes as distintas
cidades galegas con universidade.
• Crearemos un skate park no recheo.
• Realizaremos campañas de prevención das enfermidades de transmisión sexual.
• Crearemos un plan municipal integral de prevención da drogadicción.
DEPORTE
• Dotación de cadanseus desfibriladores nos centros deportivos.
• Apoio aos clubs e entidades deportivas, mediante convenio con todas elas.
• Creación do servizo municipal do deporte que mellore a xestión dos clubs
existentes tratando de compartir recursos (autobuses, persoal, ...) e mellore os
recursos económicos globais, evitando a “emigración” dos mozos/as deportistas.
• Creación e promoción de programas de información e formación en materia de
actividade física saudable e hábitos de vida.
• Fomento dos deportes náuticos: vela, Surf e remo
• Colocación de novos elementos no paseo marítimo para a práctica de deportes: pista
de skate, pista de padel, ...
• Mantemento adecuado da instalación polideportiva do Estadio Municipal de San
Paio de Refoxos, campo de fútbol, pistas de atletismo e as súas instalacións,
engadindo outras novas:
◦ Acometer o restrelado da herba sintética e a renovación do caucho.
◦ Impermeabilización axeitada das gradas vellas para que non se asolagen os
vestiarios cada vez que chove
◦ Arranxo dos bancos, e renovación da fontanaría dos vestiarios
◦ Colocación de redes detrás das portaría para impedir que os balóns saian lonxe
◦ Dotación duns vestiarios femininos e de novas disciplinas aproveitando os
terreos libres.
• Faremos unha Gala do deporte do Concello.