CEE COAS IDEAS CLARAS

PROGRAMA ELECTORAL 2019 | SANIDADE- BENESTAR SOCIAL-SERVIZOS SOCIAIS

Serxio Domínguez, candidato á alcaldía de Cee
PROGRAMA ELECTORAL 2019 | SANIDADE- BENESTAR SOCIAL-SERVIZOS SOCIAIS

AMPLIACIÓN DO HOSPITAL cara a zona de aparcamentos do mesmo, trasladando
eses aparcadoiros á parcela de propiedade municipal, fronte o mesmo, que linda coa
Avenida de Fisterra.

• Instaremos ao SERGAS que asuma a xestión integral do CENTRO MÉDICO e un
ARRANXO DA SITUACIÓN do mesmo:

◦ Accesos prácticos e seguros con ramplas antiesbaradizas; adaptación das
portas para o acceso cómodo de cadeiras de rodas e carros de bebes; e a
adecuación da sala de emerxencias ao numero de habitantes ao que presta
servizo actualmente.

◦ Adecuación do servizo de recepción para garantir a privacidade dos pacientes e
o confort térmico para os traballadores e traballadoras

◦ Estudio do problema das humidades e solución das mesmas; así como do
sistema de calefacción existente.

◦ Adaptación dos baños para persoas con problemas de mobilidade, e reparación
dos desperfectos existentes; así como da instalación eléctrica en mal estado.

◦ Adaptación e renovación do mobiliario ás necesidades actuais.

• Xestionaremos ante o SERGAS a ampliación do SERVIZO DE PEDIATRÍA.

• Xestionaremos a apertura pola tarde do Centro de Saúde.

• Revisaremos o catálogo de especialidades e servizos dos que dispón, tanto o
hospital como o centro médico de Cee.

• Reorganizaremos os Servizos Sociais Municipais. Analizaremos a realidade a pé de
rúa das persoas que estean en exclusión social, xestionándolle de oficio todas as
oportunidades para evitalo.

• Reforzaremos o servizo de axuda ao fogar.

• Elaboraremos un censo de persoas susceptibles de ser beneficiarias de prestacións
sociais, independentemente de cal sexa a institución prestadora do servizo.
Solicitaremos a colaboración das asociacións veciñais para localizar ás persoas que
están a padecer unhas malas condicións de vida para informalas das axudas
públicas que poden aliviar a súa situación.

• Activaremos o actual centro social e converterémolo nun centro socio-comunitario,
impulsando un plan de voluntariado para sermos referencia e poder desenvolver e
dar as seguintes actuacións:

◦ servizos e recursos sociais, avellentamento saudábel, información sobre
nutrición, uso de medicamentos; acompañamento as fins de semana para
persoas maiores que vivan soas, saídas domiciliarias, solidariedade.

• A curto prazo e en colaboración coa deputación, coa que xa existe un acordo,
acondicionaremos a antiga gardaría municipal como CENTRO DE DÍA, para a
concesión a asociación AFAFeS.

• Apoiaremos as asociacións de persoas con discapacidade do Concello (APEM,
ASPADEX, AFAFeS).

• Habilitaremos un servizo de transporte para persoas con mobilidade reducida

• CREAREMOS UN BANCO DE ALIMENTOS.

• O concello negociará cos bancos cos que traballe, un código de boas prácticas no
termo municipal de Cee, de xeito que non se farán embargos de primeiras vivendas.

cand

PROGRAMA ELECTORAL 2019 | SANIDADE- BENESTAR SOCIAL-SERVIZOS SOCIAIS