CEE COAS IDEAS CLARAS
PROGRAMA ELECTORAL 2019 | FUNCIÓN PÚBLICA. FACENDA
FUNCIÓN PÚBLICA
• Priorizaremos a contratación das empresas do concello antes que as de fora.
• Melloraremos a actual RPT para incluir a todo o persoal do concello.
• O BNG defende unha política de contratacións transparente e igualitaria. Daráselle
un compoñente social moi importante, outorgándo puntos ou prioridade na
contratación, á situación de exclusión social dos novos aspirantes, ás familias que
teñan membros no paro ou en situación de dependencia.
• Potenciaremos a páxina web, manténdoa actualizada, interactiva, moderna e
dinámica, para fomentar a participación da cidadanía na vida municipal e na que
retransmitiremos os plenos.
• POREMOS EN FUNCIONAMENTO UN REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN
CIDADÁ. Activaremos os Consellos Parroquiais.
• Activación do Consello escolar.
• Crearase un código de boas prácticas orientada a reducir a contaminación.
• Crearase unha ventá ONLINE onde se poidan realizar tramitacións de documentos
ante o Concello, sen necesidade de presentalas nas oficinas.
• Cumprirase a Lei de memoria histórica de maneira inmediata en todos aqueles
lugares que o requiren.
FACENDA
• Os orzamentos municipais anuais elaborarémolos entre todos e todas, e a veciñanza
dirá cales son as obras prioritarias.
• Aprobaremos un regulamento de participación cidadá co fin de implicar nos asuntos
públicos a veciñanza e as entidades cidadás.
• Compromiso de información e transparencia nas contas das distintas actividades
impulsadas polo Concello como as Festas Patronais ou o Mercado Dominical.