O BNG DE CEE PRENSENTA UN ESCRITO PARA PEDIR EXPLICACIÓNS POLO ACAECIDO NO SAN CRISTOVO

O BNG DE CEE PRENSENTA UN ESCRITO PARA PEDIR EXPLICACIÓNS POLO ACAECIDO NO SAN CRISTOVO

O BNG DE CEE PRENSENTA UNHA PREGUNTA ESCRITA PARA PEDIR EXPLICACIÓNS POLO ACAECIDO COS FEIRANTES NO SAN CRISTOVO

O Bng de Cee presenta hoxe no rexistro do concello unha pregunta por escrito, para tratar de que se aclare no vindeiro pleno todo o acaecido durante as festas do fin de semana pasado.

Dende o primeiro instante, as versións que correron coma pólvora polo concello foron moitas e variadas, polo que dende o Bng pedimos, por un lado que se dean as explicacións precisas, e por outro que se lle poña fin a este tipo de incidentes que nos últimos anos se veñen repetindo.

Compre lembrar que no verán do 2012, pouco despois da moción de censura no transcurso das festas da Xunqueira, foron xa varios os problemas que se deron cos feirantes, e moitos deles optaron, coma desta vez, por marchar e non participar nas festas.

O que si está claro é que esta medida perxudicaron as celebracións en sí e aos negocios de hostalería en particular, que viron como non houbo a afluencia de xente que esperaban, tendo en conta que moitos pais e nais non se achegaron a Cee ao saber da ausencia de atraccións, o que inevitablemente levou a perdas económicas.

Compre destacar que estes negocios fan sempre donativos importantes, e son sempre colaboradores precisos para levar a festa a cabo.

A mais, chama a atención o feito curioso de que, a pesares de que nesta época se multiplican as festas por to o país, e como non tamén na nosa bisbarra, este tipo de sucesos só se dan no concello de Cee, o que a parte das consabidas perdas económicas, non deixa en moi bo lugar a sona das festas e do concello en si.

Cee, 14 de Xullo de 2014.

Serxio Domínguez Louro

O BNG DE CEE PRENSENTA UN ESCRITO PARA PEDIR EXPLICACIÓNS POLO ACAECIDO NO SAN CRISTOVO