NOTA ENVIADA Ó CONCELLO POLO BNG DE CEE
Eu, Serxio Domínguez Louro, con DI 32836581-x, e como concelleiro do
Bloque Nacionalista Galego no concello de Cee, traslado as seguintes preguntas a equipa de goberno para seren contestadas no vindeiro pleno:
Cal foi o papel que xogou o goberno no acaecido cos feirantes durante as festas do San Cristovo?
Si houbo tal intervención, a que se debíu?
Que diferenza a Cee dos outros da bisbarra para que só sucedan estes acontecementos no noso concello?
Están cuantificadas as perdas económicas nos locales de hostalería que supuxo o feito de non haber atraccións para o público?
Supón o acontecido algún imprevisto económico ao concello?
Vanse repetir nas vindeiras festas da Xunqueira?
Que medidas se van tomar para rematar con este tipo de episodios que se veñen dando nas celebracións no noso concello?
Cee, 14 de Xullo de 2014.
Serxio Domínguez Louro