O BNG DE CEE ESIXIRÁ ARRANXOS NO POLIDEPORTIVO DE CAMIÑOS CHANS

O BNG DE CEE ESIXIRÁ ARRANXOS NO POLIDEPORTIVO DE CAMIÑOS CHANS

O Bng de Cee rexistrará unha petición no concello pedindo que se tomen as medidas precisas e inmediatas, para solucionar as deficiencias no polideportivo de Camiños Chans.

As canastas de baloncesto están oxidadas e cos taboleiros en moi mal estado, faltándolle tamén o aro a unha delas, polo que non poden ser usadas.

Os taboleiros, en estado de putrefacción, supoñen neste momento un risco para os nenos e nenas que xogan nel, ante un posible desprendemento dos mesmos.

Trala denuncia da pasada semana en Ameixenda, son os propios veciños da contorna quen nos seguen a enviar fotos das instalacións en malas condicións por un nulo mantemento nas mesmas.

O BNG, a mais de presentar un escrito no concello solicitando o arranxo, solicitarao tamén no vindeiro pleno.

Cee, a 27 de Xaneiro de 2015

Serxio Domínguez Louro

Concelleiro do Bng de Cee

DSCN0103

O BNG DE CEE ESIXIRÁ ARRANXOS NO POLIDEPORTIVO DE CAMIÑOS CHANS