O BNG DE CEE LEVA A PLENO UNHA MOCIÓN PARA O CUBRIMENTO DUN DOS PARQUES INFANTÍS EXISTENTES.

O BNG DE CEE LEVA A PLENO UNHA MOCIÓN PARA O CUBRIMENTO DUN DOS PARQUES INFANTÍS EXISTENTES.

Son moitas os beneficios para os nenos e nenas que lles aportan os parques infantís, xa que dunha forma saudábel e divertida, estimula o seu desenvolvemento físico, intelectual, social e afectivo.

Xogar en espazos abertos, proporciona, así mesmo, a posibilidade de realizar exercicio físico mentres que se divirten. Os nen@s teñen máis espazo para moverse, andar e correr; e, como consecuencia, consumen máis enerxía. As actividades físicas contribúen a evitar o sobrepeso infantil, un problema que afecta a un de cada catro nenos.

No noso pobo, son varios os parques xa existentes en todo o concello.

Por razóns meteorolóxicas, ditos parques pasan a maioría do ano desertos, sen que @s nen@s poidan usalos para aproveitar deles todas as bondades antes mencionadas, así como para que pais e avós teñan a onde levalos nos momentos de ocio e tempo libre.

Cabe engandir tamén que, os xogos existentes en todos eses parques teñen que ser arranxados e sustituidos frecuentemente debido as mesmas condicións meteorlóxicas antes mencionadas.

Por todo isto, o Bng pedirá no vindeiro pleno que nos orzamentos do ano vindeiro, se destine unha partida para o cubrimento do parque infantil que se vai facer no recheo.

Cee, 18 de Febreiro de 2015

Serxio Domínguez Louro

Portavoz BNG de Cee.

O BNG DE CEE LEVA A PLENO UNHA MOCIÓN PARA O CUBRIMENTO DUN DOS PARQUES INFANTÍS EXISTENTES.