O BNG DE CEE ESIXE MEDIDAS URXENTES NA AMEIXENDA
O Bng de Cee, presentará nos vindeiros días no rexistro de entrada do concello, unha notificación, acompañada de fotografías, nas que se adivirte do perigo de derrube dun hórreo no medio de Ameixenda.
No paso da pequena ponte sobre o río do centro da aldea, as duiras do pasado inverno foron desfacendo un muro natural de barro de catro ou cinco metros de alto. Na parte superior, pódese apreciar como o cabazo ten os pés moi preto da beira, e deste xeito e coas choivas que van vir este inverno, póde vir abaixo en calquer intre.
Dende o Bng de Cee, propoñemos ao goberno que reforze o sitio cun muro de formigón, que evite calquer tipo de perigo, xa que unha posíble caida do cabazo pode traer consigo consecuencias fatales.
Do mesmo xeito, a poucos metros atópase unha varanda de ferro que foi levada por diante nun accidente de coche fai uns meses. Pasado xa un tempo prudencial, pedimos que o concello poña man no asunto e arranxe o problema ante unha posíble caída de calquer neno ou nena polo burato ocasionado.
Dende o Bng creemos que o goberno debe actuar neste tipo de problemas de inmediato, como o referido a vía de acceso a praia de Lires e notificado por nós do mesmo xeito. A lentitude e ausencia de medidas por parte da equipa de goberno pode traer consecuencias dramáticas co tempo.
Cee, a 25 Setembro de 2013
Dionisia Mancha Rey