O BNG de Cee demanda axudas municipais para material escolar, para as familias máis necesitadas
O BNG de Cee presentará no Concello unha petición ao goberno local, para que impulse unha partida económica para a axuda as familias máis necesitadas, para material escolar e os libros neste recén estrenado curso.
A situación no noso concello é realmente dramática para algúns dos nosos veciños e veciñas, con familias que sobreviven cos 400 euros de axuda, núcleos familiares con todos os seus membros non paro e outras que dependen en exclusiva de comedores sociais e axuda da súa familia, e polo que afrontar os gastos propios do inicio escolar é pouco menos que imposíbel.
Dende o Bng de Cee, instamos ao goberno local a que destine unha partida de diñeiro municipal para esas axudas.
Non pode ser que se priorizen gastos en celebrar dous plenos no mes de Xullo a 100 euros por concelleiro, cantidades inxentes en festas ou en obras mal executadas, en detrimento de axudas as familias sen recursos para escolarizar os seus fillos e fillas.
En Cee, a 16 setembro de 2013
Dionisia Mancha Rey
Responsábel Local Bng de Cee