O BNG ESIXE AO GOBERNO DE CEE EXPLICACIÓNS POLA FÁBRICA DE TUBOS

O BNG ESIXE AO GOBERNO DE CEE EXPLICACIÓNS POLA FÁBRICA DE TUBOS

Por culpa da parálise do noso goberno, a empresa xa se ubicou en outro pais

O BNG de Cee acusa a administración, e nomeadamente o Goberno Municipal de Cee do PP e os seus socios, de desinterese e de non po- ñer todos os medios posíbeis o seu alcance, para que a fábrica de tubos se poida instalar no noso concello, co importante impulso que significaría para a porto de Brens e favorecer a creación de emprego.

Fai xa un ano dende o anuncio público por parte da empresa do seu interese por ubicarse aquí, mais coa premura que tiña por facelo debido os contratos para a fabricación de tubos e os prazos de entrega dos mesmos, non se fixo nada para que a posta en marcha desta empresa fose unha realidade.

Póla contra, e para dar cumprimento as necesidades de fabricación que tiña asinado, temos información de que a empresa xa ten a primeira das máquinas funcionando no continente asiático, concretamente na zona de Singapur.

O goberno do noso concello, adicouse en todo este tempo a pór atrancos a ubicación da empresa pólos supostos intereses urbanísiticos na zona, presentando alegacións ao plan de uso do porto, en vez de facilitar a ubicación desta, poñendo os medios necesarios para o acondicionamento de espazos, obra civil, permisos, etc. Así, terá que explicar si fixo todo canto está na súa man, e porque non esixiu a Portos que preparase o terreo e axilizase os trámites para a posta en funcionamento desta empresa unha vez despexado o camiño do plan de usos, a non ser que este cómodo con esta situación.

Dende o Bng de Cee, cremos nas potencialidades da ría, e consideramos que a posible chegada da fábrica, resultaría beneficiosa para a economía local polos postos de traballo que se poderían crear. Ademais, e tendo en conta as posibilidades de marisqueo que nos ofrece, a compatibilidade de ambas faise imprescindíbel para un maior desenrolo da actividade económica. Para elo, a empresa e as

administracións deberían (deben, si están a tempo) ter buscado a maneira de terse ubicado na ría de maneira non perxudicial para ningún sector, xa que a defensa dos sectores productivos deste pais debe ser unha das máximas de calquer goberno.

O Bng presentará unha enmenda aos orzamentos do estado e os da Xunta de Galiza, para de novo pedir unha partida económica para o saneamento da ría.

Do memso xeito, presentará una serie de preguntas ante as distintas Administracións para pedir explicacións pola nula xestión que se ten realizado nun asunto de vital importancia para o desenvolvemento económico do noso Concello e esperando que non sexa irreversíbel.

O BNG ESIXE AO GOBERNO DE CEE EXPLICACIÓNS POLA FÁBRICA DE TUBOS