O BNG DE CEE CELEBROU A SÚA ASEMBLEA ABERTA

O BNG DE CEE CELEBROU A SÚA ASEMBLEA ABERTA

O Bng de Cee celebrou onte a súa asemblea aberta a que acudiron 24 persoas, e na que se recolleron todo tipo de opinións e propostas, dos e das asistentes.

Nun ambiente cordial e participativo, as persoas que acudiron ao convite, fixeron todo tipo de apreciacións sobre o momento actual do panorama político na nación e no estado, así como tamén nos fixeron saber de queixas sobre temas municipais de actualidade, e de ideas que poden ser moi enriquecediras para a laboura de oposición no concello de Cee.

Nos vindeiros meses, o Bng de Cee seguirá con estas reunións por todo o concello, visitando todas e cada unha das parroquias recollendo todo tipo de aportacións dos veciños e veciñas do municipio.

Cee, a 4 de outubro de 2014

Serxio Domínguez Louro

DSC_0336

O BNG DE CEE CELEBROU A SÚA ASEMBLEA ABERTA