O BNG DE CEE SOLICITARÁ, NO VINDEIRO PLENO, O ARRANXO DA RÚA VÁZQUEZ QUEIPO
No pleno ordinario deste mes de outubro, o Bng solicitará ao goberno do concello, o arranxo urxente da rúa Vázquez Queipo, que baixa dende a avenida de Fernando Blanco, frente ao instituto do mesmo nome, ate a rúa Darriba.
A rúa, de tan só uns 100 metros de longo, esta case que intransitable na parte mais preto da estrada que leva a Muros, e son xa varios os veciños e veciñas que se veñen queixando do estado, xa que ademais, e ao aparcar os coches a beira esquerda, inevitablemente hai que pasar pola parte en mal estado.
Solicitaremos pois, unha actuación inmediata debido as molestias que están a sufrir os usuarios da vía e os veciños do arredor, tendo en conta que o custe do adecentamento non debe ser moi cuantioso.
Cee, a 17 de outubro de 2014
Serxio Domínguez Louro
Portavoz do Bng de Cee