A XUNTA VÉN DE DENEGAR INVESTIMENTOS PARA CÉE NOS PRESUPOSTOS DO 2016
O BNG de Cée, por medio do grupo parlamentar, presentou emendas aos presupostos da Xunta para o 2016. A semana pasada, o goberno da Xunta aprobaba eses orzamentos e non aceptaba ningunha das nosas enmendas.
As emendas presentadas polo BNG para Cée foron:
1. Ampliación e mellora da EDAR de Cée-Corcubión.
2. Seguridade viaria, acondicionamiento e dotación servizos da travesía da estrada
AC-552 (avd. Fisterra) e da AC 550 (Avda. Fernando Blanco) ao seu paso por Cée.
3. Dotación material e persoal no Hospital de Cée.
4. Dotación sistemas para operatividade heliporto de Ruibo.
5. Dotación Porto de BRENS de base e equipamento de loita contra a contaminación mariña.
6. Variante acceso Porto de Brens.
7. Saneamento integral ría Corcubión.
Cee, 28 de decembro de 2015.
Serxio Domínguez Louro