CEE COAS IDEAS CLARAS
PROGRAMA ELECTORAL 2019 | CULTURA E FINS DE SEMANA EN CEE. NORMALIZACIÓN DA LÍNGUA GALEGA
CULTURA E FINS DE SEMANA EN CEE
• IMPULSAREMOS OUTRAS 25 EDICIÓNS DA MOSTRA DE TEATRO.
• Crearemos unha Mostra de Teatro Afeccionado.
• Realizaremos actividades culturais e formativas, que circulen por tódolos centros
socioculturais do Concello de Cee.
• Apoiaremos aos festivais de Música existentes no Concello.
• POREMOS EN MARCHA UN FESTIVAL DE MÚSICA DO PAÍS.
• Elaboremos un plan de dinamización do asociacionismo.
• DINAMIZAREMOS A CASA DA CULTURA, DOTANDO O GRAN CONTINENTE DE
CONTIDO, E FARÉMOLA SUSTENTÁBEL ECONOMICAMENTE.
• Dotaremos a casa da cultura do persoal necesario para a apertura en horarios que
permita acceder a todo o seu contido (exposicións, actos sociais e culturais, ...)
• Promoveremos a creación dun seminario de estudos de Cee ou da Comarca de
Fisterra, a realización de traballos de investigación, e a organización de mostras,
circuítos intermunicipais, proxectos culturais supramunicipais, festivais, ...
• CUBRIREMOS O PARQUE INFANTIL DO RECHEO.
• Daremos formación ás directivas das asociacións para mellorar a súa xestión
económica e organizativa.
• Abriremos unha liña de subvención municipal ás asociacións, baseada nunha
valoración obxectiva do seu funcionamento.
• Revitalizaremos as parroquias cos centros cívicos polivalentes para o
desenvolvemento da actividade cultural e lúdica.
• Levaremos a cabo un programa de dinamización cultural que recupere e estude a
Cultura popular (artesanía, folclore, música, ...).
• Promocionaremos os grupos locais de música.
• CREAREMOS UN FESTIVAL PARA O FOMENTO E DIVULGACIÓN DA CULTURA
AUDIOVISUAL, ESPECIALMENTE O CINEMA GALEGO E A PRODUCIÓN
AUDIOVISUAL GALEGA.
• Ampliaremos o horario de apertura da biblioteca municipal.
• Daremos apoio ao libro galego e ás publicacións periódicas en língua galega.
• Recuperaremos e valorizaremos o patrimonio histórico-artístico, cultural e natural.
• Posta en valor do noso patrimonio cultural, etnográfico e histórico-artístico nas
diferentes parroquias do concello. Como unha Festa, na parroquia de Ameixenda,
que poña en valor a lenda de Santiago con escenificacions teatrais, roteiros culturais,
mercado gastronómico e de artesanía, e actuacións musicais.
NORMALIZACIÓN DA LÍNGUA GALEGA
• Cumprimento da lexislación vixente sobre o uso do galego como lingua oficial de
Galiza e normalización plena da documentación administrativa, dos servizos
municipais, parque móbil, rúas, prazas, topónimos, edictos, bandos, anuncios,
programas de festas,..
• Promoción do uso da nosa lingua e da mellora da súa calidade.
Impulso da utilización da lingua galega por parte de todos os cargos institucionais e
en todos os planos da vida municipal.
• Crearase un servizo de normalización lingüista.
• Adherirse o programa APEGO.