DESMONTANDO A ENTREVISTA A DANIEL OCA NA RADIO NORDÉS

DESMONTANDO A ENTREVISTA A DANIEL OCA NA RADIO NORDÉS

Daniel Oca...

-Non me arrepinto de ter formado ese pacto de goberno, non, eu saio do goberno como entrei, non me reportou ningún beneficio.

BNG:

Daniel Oca tivo un soldo durante os 20 meses e 5 días de mais de 1000 euros mensuais, a media xornada, pólo que non é de todo certo que non lle reportase ningún beneficio.

Daniel Oca...

A ANC decidiu pasar a oposición, e facer un programa de goberno para Cee.

BNG:

-Si fracasamos voume para a casa, no teño ningún apego ao sillón.

Esta é a frase mais repetida, polos concelleiros, durante as reunións previas do Bng a moción, así que a deducción é simple, apego, e moito, ao sillón e aos 100 euros por pleno e comisión.

Daniel Oca...

Unha persoa progre e de esquerdas, como son eu, sentir que traballa para o Pp é moi desagradable.

A nosa ideoloxía está nas antípodas do PP. O PP é un partido que actúa en contra das maiorías sociais. É moi difícil compartir goberno con eles.

O PP invadiu as nosas áreas de traballo e usou a Xunta e a Deputación para trasladar a sensación de que as inversións que se realizan no concello son grazas aos diferentes representantes do Pp nas institucións.

O Pp utilizou en beneficio propio calquer xestión que se fixo diante dun organismo que eles presiden.

As xestións que nos levamos a cabo nos diferentes organismos foron obviadas para transmitir sempre a idea que as conquistas son logros do Pp.

BNG:

O SEGUINTE, FOI DITO POR COMPAÑEIROS/AS EN REUNIÓNS PREVIAS A MOCIÓN DE CENSURA, AGORA NON SE PODE DICIR QUE NON SE SABÍA...

• estamos a facilitarlle a vida ao Pp, deberíamos obrar mais intelixentemente.

• É imposible gobernar co Pp e levar a cabo a nosa política, eles teñen a Xunta, a Deputación e todo o poder.

• está de acordo con XXXX en case todo, sen embargo cree que o poder nos está a cegar. Vai votar en contra por non considerar democrático o proceso, en tempos e formas.

• subscribe o referente ao pacto por XXXX. Estamos a caer na trampa do PP, así o recolle as verbas de XXXX tralas primeiras conversas nas que o Pp afirmaba ter presa, xa que si non, Vigo podería encabezar a lista si saise absolto. Pensa que si se podería gobernar dende a oposición, por exemplo, aprobar uns orzamentos presentados por todos.

• Si levades o pacto adiante ides traballar para o PP, teredes que asumir as súas políticas.

Ademais, o propio Daniel Oca, asegurou nesas reunións, que o PP comunicáralle que de sair absolto Ramón Vigo, con toda seguridade sería cabeza de lista do partido nas vindeiras elecións, ou tampouco terían problema algún para gobernar xuntos.

Ante isto, un compañ,eiro aseguroulle que o pacto xa estaba acordado por parte de Daniel Oca e o PP dende a mesma noite eleitoral, palabras dun membro da lista do PP.

Daniel Oca...

Formamos un grupo de goberno de sete persoas e obtivemos case o mesmo número de votos nas elecións municipais.

BNG:

Así é,1169 votos o BLOQUE NACIONALISTA GALEGO , que non a Asemblea Nacionalista de Cee, dos que se apropiaron, como lle confirmou o pobo na seguintes eleicións onde él ía de número 9 de Compromiso por Galicia – partido definido coma galeguista, que non de esquerdas – e só recada 51 votos.

Daniel Oca...

O Pp é un partido que está levando a cabo a destrucción do estado de benestar.

BNG:

O 1 de Marzo de 2012, o Pp xa era o mesmo partido que destruía o estado de Benstar, só Daniel Oca vía que non era así e para autoconvencerse, para mostra, un par de exemplos daquelas datas.

Por aquela época, diario El Mundo, pouco sospeitoso de ser nin nacionalista, nin de esquerdas.

SANIDAD TENDRÁ UN RECORTE DE 7.000 millones y EDUACIÓN de 3.000.

10.000 millóns en recortes namentres se lle daban 15.000 a banca privada, a mesma que botaba fora das súas casas a xente, que cos seus impostos aportaban para eses millóns de euros.

Diario Público... EL GOBIERNO REDUCE 71% EL PRESUPUESTO PARA CAMPAÑAS CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO

Os companheiros que logo o embarcan na súa aventura, aseguraban que baixo nengún conceito poden entrar nun goberno que ten un programa tan anti social.

Daniel Oca...

Ate o de agora cumprimos co acordo, incluso cun exquisito coidado de non entrar en colisión co Pp non presentando iniciativas de política xeral que ían manifestar que tiñamos perspectivas diferentes.

Agora si que vamos poder actuar porque un cando antepoñía intereses locais non levamos temas como a Lei Wert ao pleno para que non houbera discusión. Agora deixaremos en evidencia, trataremos de explicar a poboación de Cee que o Pp é un partido perigoso, que é un partido que vai en contra dos intereses dos aforradores galegos, que vai en contra dos estudantes, as preferentes, que é un partido que detrae dos menos teñen para darlle os que mais teñen.

BNG:

Recoñécese explicitamente que non se facía política no concello de Cee, para non molestar aos compañeiros de viaxe. Aceptouse durante todo este tempo que, o Pp que recurta en sanidade, en educación, en servizos sociais, era compatible cun ideario supostamente progresista. Deste xeito, non se presentaron iniciativas no pleno do concello para facer que o PP rectificase, os plenos quedaban reducidos a cinco ou dez minutos de duración cun paseo triunfal de Pp e socios, sen debates ideolóxicos, sen contraposicións as políticas retrógras da dereita, iso si, cobrando por elo 100 euriños, os mesmos que cando eran oposición criticaban e querían reducir.

É mais, o teniente de alcalde actuaba como portavoz do goberno popular de Cee, sen reparar que afectase as súas supostas areas ou non, non dubidando en combatir propostas que noutrora defendera dende o programa e as filas do BNG.

Daniel Oca...

O Pp non cre na política local, a súa lei vai arrasar literalmente os concellos a as súas competencias.

Presentador... Hai moitos alcaldes do Pp están en contra da lei.

Si, pero no se pode estar pescando nas dúas beiras.

Eu mentres estiven gobernado fun un pouco comprensivo, pero non se pode dicir que si e que non.

Nos no vamos a facer unha oposición destructiva, somos corresponsables no que a política municipal se refire. Nos vamos a ser igual de sensatos.

BNG:

Nova de La Voz de Galicia do 20 de Agosto de 2011

http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/08/20/0003_201108C20C6991.htm

Oca cree que el alcalde, Ramón Vigo, «debera estar ao tanto do que ocorre na concesionaria, porque varios dos seus traballadores colaboran co seu partido, como sucedeu durante a campaña». Daniel Oca, portavoz del BNG entiende que, una vez más, «demóstrase que a privatización dos servizos públicos empeora a súa prestación e precariza os postos de traballo»

Durante o seu mandato, o concello de Cee privatiza a escola de música e as graderías. Ditas privatizacións, levan a que moitos pais renuncien a pór os seus fillos e fillas a escola e outros leven aos seus cativos a escolas infantís de concello do redor, por sair moito mais económico. As baixas de cativos obrigan a pechar a escola infantil antiga, cando anos atrás fóra preciso construir unha nova por falla de prazas.

O Bng presentou sendo escritos no concello para que, por un lado se poidese pasar a escola e rede de conservatorios de Galiza ou mancomunar o servizo con concellos do arredor, xa que alumnos deses concellos tamén acuden a escola, e polo outro, no que a garderías se refería, se explorasen outras alternativas de viabilidade como era pasar a escola a rede de escolas infantís da Xunta de Galiza.

Mais tarde o goberno de Cee recoñeceu que a alternativa ofrecida polo Bng era mais axeitada.

Obviamente non vai facer oposición destrutiva, xa que a sua saída do goberno responde a duas causas fundamentais e vitais:

1.- calmar o malestar interno no grupo dos tránsfugas, onde a persoa con mais sensibilidade social sente que non pode seguir partillando dun goberno coma tal.

2- a necesidade de apresentarse como marca diferenciada de cara as vindeiras eleicións.

SOBRE O SEU FUTURO E O DE ANC

Pregunta...Que vai pasar con ANC e con Daniel Oca, por que se fala da posibilidade de pasar a Anova ou Age?

Daniel Oca...

A asemblea nacionalista de Cee, que no seu día era a asemblea do BNG.

BNG:

FALSO: A ANC é froito dunha expulsión do BNG por un acto de transfuguismo político, e de violoación dos estatutos da fronte. Algún dos seus membros, como foi o caso de Daniel Oca, xa concurreu nas listas de CxG nas pasadas autonómicas, amais de esceneficar actos políticos con dita organización.

Daniel Oca...

Colaboraremos coas forzas políticas que queiran colaborar con nós. Co Bloque está compricado, pero temos excelentes relacións con moita xente do Bloque, temos outros probema a nível local, a min me me molesta moito que me chamen tránsfuga, porque sempre fun coa decisión maioritaria da Asemblea Local.

BNG:

A terceira vez, da intentona de Daniel Oca, conseguiuno, mais obvia que o acordo da Asmeblea Nacional de Amio do Bng, en Xaneiro dese ano, dicía moi as claras que...

O Bng non faciliatará baixo ningún concepto a chegada do PP ao poder. Exemplo ben gráfico, para que se entenda...

Mañá podemos decidir un grupo de amigos conducir pola esquerda, mais hai unha lei que nolo prohibe, do mesmo xeito, si pertences a unha organización política tes que acatar o mandato das súas teses e estatutos, do contrario nin cres na organización nin respetas os acordos das maiorías. Ao contrario do que Oca di, ninguén sentado nun despacho lle dixo o que tiña que facer, é falso, foron todos os e as militantes do Bng, os que decidiron que non se pactaba coa dereita.

Decisións tomadas deabaixo arriba, nunca ao contrario.

Daniel Oca...

O que estamos a buscar, e si vamos a ter son canles de expresión nos diferentes ámbitos de poder que afectan ao concello de Cee, vamos a ter a través de quen presentar as nosas propostas no parlamento de Galiza e no congreso dos deputados e vamos a seguir traballando coas forzas que queiran traballar con nos e que teñan o mesmo espectro que nos, nacionalistas e de esquerdas.

BNG:

Primeiro co Bng, logo con Compromiso por Galicia, onde fixeron campaña durante as últimas elecións autonómicas indo Daniel Oca de número nove por Coruña, e agora Anova? Si teñen un acordo deberían facelo público, e non é que o Bng lle interesa onde vaia ou deixen de ir, mais ao sveciños e veciñas de Cee, si.

Pregunta...Non ten a sensación de que todo esto que está pasando xa llo advertiron?

Daniel Oca...Non é algo que me preocupe. Fixemos o que tiñamos que facer e volvemos a facer o que temos que facer.

Mariano Rajoy … Tenemos la convicción de que hacemos lo que debemos hacer.

BNG:

Durante o tempo que durou este goberno, entregaron o goberno de Cee ao PP, silenciaron a 1169 veciños e veciñas que votaron ao BNG,como así se reafirmaron fronte á nosa proposta de darlle voz aos vecinhos nos plenos.

As declaracións do Sr. Oca son a confirmación dun fracaso e os resultados do seu goberno evidenciaron que aqueles que estaban en contra o pacto, tiñan toda a razón e acertaron de pleno nos seus pronósticos.

Sen embargo, tamén deixan as claras que as palabras lévaas o vento, e todo aquilo do qu epresumían, participación cidadá, claridade, transparencia, non interese en figurar, era un conto chino.

A trampa do Pp deu resultado, e o perigo que supoñía un Bng en clara melloría dende doce anos atrás, quixeron porlle freo.

Parabéns aos executores e aos executados.

DESMONTANDO A ENTREVISTA A DANIEL OCA NA RADIO NORDÉS