O BNG PREGUNTA NO PARLAMENTO SOBRE O TRATO A MERCADONA.
Logo da intención da firma valenciana Mercadona de estabelecerse no noso concello, nas últimas semanas transcendeu que SEA (Suelo empresarial del Atlántico), empresa mixta formada nun 85% polo Ministerio de Fomento, e nun 15% pola Consellería de Medio Ambiente, vai facer unha inversión de mais de 700.000 euros para a construcción dunha rotonda e unha vía de entrada nova ao parque empresarial de Cee.
Deste xeito, estamos a falar dunha empresa pública que vai invertir diñeiro de todos e todas para satisfacer as necesidades dunha empresa privada, proporcionándolle un acceso mais directo as súas instalacións.
O parque empresarial xa conta cunha entrada, esta outra ven dada polo interese da empresa.
Compre ter en conta tamén que, a poucos centos de metros, xa hai implantados tres grandes superficies, Gadis, Día e Eroski, que no seu día se colocaron no lugar sen axuda algunha, polo que con fondos públicos estase a incentivar a implantación da nova área, que será competencia directa destas. A mais, e dado o momento no que estamos a vivir, onde cada vez son mais as persoas que saen traballar fora da nosa comarca, polo que deixan de gastar na bisbarra, o sector do comercio está mais que saturado, o que inevitablemente levará ao peche ou perda doutros postos de traballo, ben sexa no pequeno comercio local, ben sexa nas outras grandes áreas, ou incluso nas dúas.
Desgrazadamente, esta firma non vai mais que acrecentar a paulatina destrucción do comercio local de Cee.
Engadir tamén que, dadas as novas técnicas de funcionamento no cobro das grandes superficies (caixas de autocobro), os postos de traballo dos que se está a falar poden reducirse.
Dende o Bng cremos que SEA debería replantexarse a inversión, xa que nos tempos que corren, de seguro hai mellores maneiras de invertir mais de 110 millóns de pesetas.
Preocupados por este asunto, o Bng presentará varias preguntas no parlamento sobre o asunto.
? Por qué SEA realiza un envestimento de mais de 700000 euros, para proporcionar un acceso directo a Mercadona, cando o parque empresarial ten xa unha entrada a uns 500 metros?
? Non consiedara a Xunta de Galiza que con este investimento de cartos públicos, estase a favorecer unha empresa que vai competir directamente coas xa existentes?
? Non considera a Xunta de Galiza, que este trato a empresa vai acrecentar mais a destrucción do tecido productivo e comercio local?
? Hai algún compromiso da firma valenciana, do mantemento dun número de postos de traballo fixo, tendo en conta as novas formas e maneiras de cobro que se están implantando nese tipo de comercios?
Cee a 22 de Xaneiro de 2014