O Bng lamenta o pouco interese do Goberno de Cee no coidado e prevención de incendios
A comezos deste mes, comezaron a funcionar na comarca as brigadas de extinción de incendios, froito dos convenios da Xunta cos concellos.
Dende o bng de Cee lamentamos que o goberno non teña considerado este un tema primordial e espera non teña que arrepentirse por mor dos lumes que poidan darse no nosos montes.
No caso particular do noso concello, cunha masa forestal moi ampla nas parroquias de Lires, Pereiriña e Toba, e importantes en Brens e Ameixenda, non entendemos que o concello non asisnase o convenio coa Xunta, tendo en conta ademais que a sinatura podería traer consigo 10 postos de traballo como en Vimianzo ou Zas coa posta en marcha de dúas brigadas.
Nesta ocasión, e tendo en conta ademais a perda do grumir polo noso concello en favor de Muros e Ponteceso a uns 50 quilómetros de nos, a necesidade de ter limpo, vixiado e controlado o noso monte, ou intervir nel en caso de incendio, e se cabe unha razón mais para ter posto en marcha os medios precisos.
A toda a problemática, temos que engadir a folga dos bombeiros do parque comarcal, que aínda que por suposto, apoiamos as súas reivindicacións e confiamos na súa profesionalidade, o estado actual pode non axudar ao bó mantemento da seguridade con respeto ao lume.
Ante todo o dito, só nos queda, por desgraza, quedar a espera de que o lume nos respete e pasemos un verán tranquilo, sen incidencias, porque de telas, os males poden ser moi grandes.
12 de Agosto de 2013
Dionisia Mancha Rey