O Bng de Cee exise ao goberno o pago dos atrasos á Escola de Música
O pasado 27 de Xullo, e tralo recoñecemento do goberno de Cee de problemas de pago coa empresa concesionaria da escola de música, o Bng de Cee sacou un comunicado en apoio aos traballadores pedíndo que se tomasen as medidas precisas para que non voltasen a ocorrer casos similares.
Só dez días despois, a prensa facíase eco antonte dunha nova débeda coa empresa por 10.500 euros, o que lle impide ter ao día as súas contas e os pagos aos traballadores/as, tendo incluso os cooperativistas ter que quedar sen cobrar para poder satisfacer os soldos dos empregados/as.
A desculpa nesta ocasión dos retrasos parece estar nun problema de tesourería, según a alcaldesa, e a falla de xuntas de goberno para poder aprobar a factura, según o tenente de alcaldesa.
Dende o Bng de Cee non entendemos a demora nas xuntas de goberno que causan problemas de tesourería, mais cando en cousa de quince días no concello se celebraron dous plenos (15 de Xullo e 1 de Agosto).
Deste xeito, esiximos ao goberno que non cometa mais erros de este tipo, xa que o sustento de varias familias está en xogo, compre non esquecer que as hipotecas, fillo/as e familias dos mestres da escola non poden estar a expensas de que varios concelleiros/as decidan reunirse.
Isto, leva as claras a demostrar dúas cousas, por un lado a privatización non é a solución esperada, e por outro, a pouca sensibilidade dos gobernantes cos empregados municipais.
Dionisia Mancha Rey
Responsable local do Bng de Cee
08 de Agosto de 2013