O BNG ELIXE CANDIDATO A ALCALDÍA EN CEE
O BNG ELIXE CANDIDATO A ALCALDÍA EN CEE
O Bng-Asembleas Abertas, aprobou por unanimidade a proposta de Serxio Domínguez Louro como candidato a alcaldía de Cee.
Serxio Domínguez naceu e vive en Canosa-Lires no 1975, está casado e é pai de dúas fillas.
Milita no Bng dende fai quince anos. No 2008 foi nomeado responsábel local do partido até o 2012. A raiz da moción de censura de Marzo dese ano, pasou a ser portavoz do Bng de Cee, e en Abril do ano seguinte entrou a formar parte da corporación, recuperando así o Bng a representación no concello.
Dende Novembro de 2012 é responsábel comarcal na Costa da Morte e membro do consello nacional do Bloque Nacionalista Galego.
A súa laboura política, hai que sumar a súa intensa actividade asociativa no ámbito deportivo e cultural.
Nas vindeiras semanas darase a coñecer a composición final da lista, onde haberá unha profunda renovacíón con persoas independentes e novas na política, a mais de persoas militantes do Bng que repetirán da lista do 2011.
Cee, a 7 de Marzo de 2015
Dionisia Mancha Rey
Responsábel Local do Bng de Cee