O BNG DE CÉE REXISTRA A MOCIÓN PARA DAR SOLUCIÓN AOS PROBLEMAS DA PISCINA
O alcalde usa informes para o seu beneficio, que a oposición aínda non ten.
O Bng de Cée ven de presentar por rexistro no concello a moción que foi rexeitada a súa introducción no último pleno cos votos de ixcée e psoe.
Nela, e tras expoñer en nove apartados todos e cada un dos incumprimentos da concesionaria, ( materia laboral e sanitaria, incumprimentos no prego de condicións, etc... ) pedimos que a comisión de seguimento que debe existir, e que aínda descoñecemos si existe, debería informar das actuacións realizadas en relación os seguintes temas:
estado das denuncias ou inspeccións sanitarias realizadas no último ano, ben polo concello ou pola conselleria correspondente.
subcontratas realizadas pola empresa concesionaria no último ano.
levar un control directo de suxestións, queixas ou reclamacións que o usuario queira realizar facilitando un formulario nas propias instalacións para que os usuarios/as teñan acceso, sen necesidade de solicitalo, e que este se poida depositar no propio concello.
estado e certificacións de cumprimento de normativas en materia eléctrica / · L.P.R. / · contraincendios
Así mesmo, pedimos tamén a apertura dun expedente para clarificar as graves acusacións vertidas nos medios de comunicación por unha suposta sabotaxe as instalacións municipais, e de non demostrarse ou non seren certas, instar a empresa a rectificar públicamente, sen menos cabo das sancións que no expedente se determinen.
A mais diso, nas últimas semanas o alcalde saíu na prensa para criticar veladamente a oposición por, según él, minar a instalación e crear unha mala imaxe da mesma.
A ese respecto, o portavoz do Bng de Cée, Serxio Domínguez declarou que a postura do Bng é a mesma que cando comezou este conflicto, a da obriga do cumprimento por parte da concesionaria de todos e cada un dos puntos do prego de condicións cos que gañou o concurso non seu día. Si alguén virou na súa opinión foi o própio alcalde, que estando na oposición pedía a máxima sanción a empresa, e agora tenta por todos os medios dar carpetazo a este asunto.
Nesas declaracións a prensa, o alcalde fala dos informes do técnico de deportes e de interveción, nos que se basea para dar credibilidade a súa opinión, uns informes que a día de hoxe, as mans do Bng aínda non chegaron, polo que evidentemente o alcalde está a xogar coas cartas marcadas a partida. De calquer xeito, aínda sen telos, podemos decir que o concello ten catros opcións para dar solución ao conflicto.
A primeira o SECUESTRO da concesión, o que permitiría restablecer as condicións que figuran no prego e a continuación devolver a empresa a xestión.
Segunda, A RESOLUCIÓN CONTRACTUAL co que se podería sacar de novo a concurso a xestión, e mediante proceso público outorgarllo a outra empresa que estea disposta a cumprir o prego.
Terceira, o RESCATE, quedarse coa xestión directa e subrogar os traballadores e traballadoras o que non implica a suba automática de salarios por que as categorias laborais da piscina -obviamente- non están recollidas na actual rpt que o concello ten e polo tanto non se incrementa o custe salarial (outra cousa serían negociacións posteriores que en función da realidade económica e organizativa da piscina poden levar a unha mellora fundamentalmente para eliminar a precariedade laboral e de condicións laborais) para iso é necesaria a xestión directa que deixaría as gañancias nas arcas do concello, redundado en beneficio de traballadores e usuarios do noso pobo de Cée. Nas labouras dun goberno local está tamén tratar de que os soldos dos seu veciños e veciñas sexan dignos para revertir na economía do pobo
Cuarta, seguir como até o de agora e permitir a empresa campe as suas anchas e facer o que lle veña en gana, lucrarse cunha instalación municipal a costa de incumprir o prego, de precarizar o emprego e as condicións laborais dos traballadores/as.
Desde logo, e visto os antecedentes, a cuarta parece ser a aposta deste goberno.
Con respecto as acusacións de alarmismo polas condicións sanitarias, dende o Bng falamos de malas praxis nos controis de cloro que poden levar a malas condicións da auga, así como problemas coa ACS, auga quente sanitaria, que podería ocasionar casos de lexionela. Para nós é imprescindible que ambos controis sexan todo o minuciosos posíbeis, sen deixar ningún fío para posíbeis fallos. A excusa posta pola empresa e o alcalde faise moi cativa cando din que sanidade non deu nunca alarma sobre o asunto, sabendo todos que sanidade non está a diario no control de ambos parámetros, se non que se limita a comprobar os datos da empresa, que poden ser manipulados, ou como moito, a facer controis cada certo tempo, declarou o portavoz do Bng.
Cee, 24 de outubro de 2014.
Serxio Domínguez Louro