REXISTRAMOS UN ESCRITO NO CONCELLO AVISANDO QUE DE ABRIR ESE DÍA ESTARÍASE A INCUMPRIR A LEI.

O BNG DE CEE PIDE QUE NON SE PERMITA ABRIR AS GRANDES SUPERFICIES O 13 DE AGOSTO

O BNG DE CEE PIDE QUE NON SE PERMITA ABRIR AS GRANDES SUPERFICIES O 13 DE AGOSTO

O Bng de Cée presenta hoxe no rexistro do concello unha petición para que se lle prohiba as grandes superficies o domingo 13 de Agosto e non se vulnere así a lei.

A apertura comercial incumpría a Lei 1/2013 do 13 de febreiro pola que se modifica a Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, xa que non coinciden cos dez domingos ou festivos habilitados para apertura comercial pola Xunta de Galiza para o ano 2017,

(Os días de apertura serán o 13 de abril, o 1 de novembro, 8 de decembro, 8 de xaneiro e todos os domingos de decembro (3, 10, 17, 24 y 31)

,e incumpren o establecido no Artigo 8; punto1 ; e) “Os establecementos comerciais situados no ámbito inmediato de celebración de feiras e mercados tradicionais, durante o mesmo horario en que teña lugar o devandito mercado”.

De permitir esa apertura, non só se incumpriría dita lei, se non que ademais o alcalde podería estar prevaricando, dado que él é coñecedor da intención dalgunhas superficies de abrir.

Ademais, cando é preguntado polo asunto, a súa resposta é ambigua e afirma que o mercadiño pode celebrarse porque queda un pequeno oco na praza 8 de marzo, o que posibilitaría a súa celebración. Ese espazo, de existir, tan só sería apto para unhas poucas tendas que só entorpecerían a actividade propia dun día de festa como é o domingo.

Isto agrava tamén a situación dos traballadores e traballadoras que non poden desfrutar do único domingo o ano que por lei deben pechar eses grandes almacéns.

Polo tanto, pedimos no escrito que dende a alcaldía se ordee, mediante bando ou similar, a non apertura dos centros comerciais da vila.

 

Cee, 11 agosto de 2017

Serxio Domínguez Louro

Concelleiro do Bng de Cee 

O BNG DE CEE PIDE QUE NON SE PERMITA ABRIR AS GRANDES SUPERFICIES O 13 DE AGOSTO