O BNG DE CEE PEDIRÁ EXPLICACIÓNS NO VINDEIRO PLENO SOBRE O SISTEMA WIFI DO MEDIO RURAL NO CONCELLO
Aproveitando un dos plans E que o goberno do estado puxera ao servizo das administracións locais, e tras invertir a considerable cantidade de 250 mil euros, a finais de 2011 entraba en funcionamento unha rede de banda ancha inalámbrica.
O obxectivo desta obra era o fomento do desenvolvemento tecnolóxico a través da posta en marcha de servizos que achegaran progresivamente as novas tecnoloxías a todos os cidadáns do rural de Cee, canto menos isto era o que se dicía desde o concello.
Nun principio, a rede funcionaría de modo gratuito e en aberto, pero o goberno local tiña previsto, logo dun período de proba, facer que o sistema fose de pago, e se prestase o servizo en réxime de concesión, cedendo a súa explotación a unha empresa que cobraría aos usuarios e se comprometería a un correcto mantemento da rede.
Desa posta en marcha fai xa catro anos, e logo dun período no que mal funcionou, todo o sistema de antenas e demais aparellos están parados e sen ofrecer ningún tipo de sinal. O rural segue sen o despegue tecnolóxico que se lle prometera, e os douscentos cincuenta mil euros non valeron máis que para aproveitar a subvención do plan do estado, e agora están perdidos oxidandose e podrecendo no alto dos postes.
Polo dito anterioremente, o Bng de Cee proporá no pleno do concello, elaborar un plan de posta en marcha do sistema wifi, solucionando todos os problemas que existan na rede e nos aparellos, facéndoo así servible para o que foi pensado.
Elaborar un plan de mantemento público da rede, tendo en conta os custes para o concello e para os veciños/as, tentando sempre que sexan os mínimos para ambas partes.
Ademais, e tendo en conta que a conxión a internet debería ser hoxe un dereito de todos e todas, pedirá un plan especial para as familias con baixos ou nulos ingresos.
Cee, a 18 de Marzo de 2015
Serxio Domínguez Louro
Concelleiro BNG de