O BNG DE CEE ORGANIZOU UN ACTO COS PENSIONISTAS EN CEE

O BNG DE CEE ORGANIZOU UN ACTO COS PENSIONISTAS EN CEE

O Pp está a utilizar a crise como desculpa para desmantelar todo o sistema de protección e xustiza social, a mais, claro está, da sanidade, do ensino, da cultura, etc...

No referente as pensións, decide sacar do fondo de pensións 33.000 millóns de euros, o que nos leva a unha perda de entre o 20 e 30 por cento do valor das pensións, unha media de 1500 euros ao ano. Afondamos así no retroceso que comezou o Psoe na época Zapatero.

Galiza ten ao redor de 700.000 mil pensionistas, coas pensións mais baixas de todo o estado, 721 euros de media.. Compre non esquecer que en Galiza un 27% da poboación é pensionista, na nosa Vila, sen ter datos oficiais, a cifra de seguro é maior.

A día de hoxe, e pola situación de desemprego de moitos e moitas, as pensións pasan por ser o único sostén de familias enteiras, o único soldo que entra en moitos fogares, e que pólo tanto ,non só son a maneira de vida dos avós, se non dos pais, dos netos e as veces dos bisnetos.

En Cee, esta situación de ser os únicos ingresos de moitas casas, non é de agora, se non que dende fai décadas, cando menos no rural, moitas familias que se adican en exclusiva as labouras de labranza, e tendo en conta como está a día de hoxe o prezo do leite ou o da madeira, tiñan e teñen as pensións dos avós como o único fixo mes a mes.

A mais do caso do rural, a situación na vila é cada día peor, e os datos falan de moitas familias que se ven abocadas a comer a diario nos comedores sociais, pólo que calquer recorte nas pensións dos maiores e sumamente fatídico.

O pago de moitos medicametos que antes non tiñan ao que facer fronte, a carga que supón ter que pagar aqueles que teñen enfermidades crónicas, ou que sinxelamente as pensións non van subir xamais na mesma medida que suba a vida, vai facer que a calidade de vida dos fogares do noso concello, cada vez sexan mais e mais endebles.

BenQ Digital Camera

O BNG DE CEE ORGANIZOU UN ACTO COS PENSIONISTAS EN CEE