Sr. Alcalde - Presidente do Concello de Cee:
Nas vindeiras semanas darán comezo as obras de mellora e asfaltado da estrada CanosaLires, tal e como ven pedindo o Bng nos últimos plans da Deputación.
Como xa lle fixemos saber cando se executou a fase anterior Cabaleriza-Canosa, cremos sumamente importante ter en conta que hai varios espazos onde a carga descarga de madeira por parte de profesionais do sector é habitual, case que diaria.
Do mesmo xeito, o espazo pegado ao polideportivo é usado como aparcamento, co que si se deixa como está quedará inhabilitado para tal función.
Engadir tamén que as queixas da veciñanza pola execución da anterior fase foron moitas, xa que non se aproveitou a obra para que desaparecesen da estrada os altos e baixos da mesma, ou que as cunetas quedasen moi fondas e perigosas.
Polo exposto, desde o BNG solicitámoslle o seguinte:
• A colocación de tubaxes nas cunetas das zonas destinadas a carga e descarga de madeira, co posterior asfaltado en condicións.
• Obrar do mesmo xeito ao lado do polideportivo parroquial de Lires, de xeito que siga a ser posible estacionar vehículos ao seu carón.
• Habilitar e acondicionar a zona de ensanche existente entre o mesmo recinto deportivo e o final da estrada, xa que nese tramo é posible acadar un espazo para beirarrúa sen ter que os peóns andar pola estrada.
• Executar a obra de maneira que desaparezan os cambios de nível existentes na estrada.
Desde o Bng de Cee, e como lle temos dito en innumerables ocasións, apostamos por facer as obras de maneira que perduren no tempo, polo que este tipo de medidas, que polo de agora nunca foran tomadas, son imprescindibles para conseguir o obxectivo. De non levalas a cabo, en pouco tempo, estaremos de novo a lamentar o mal estado da estrada.