Non é certo que o BNG estea en contra do saneamento da Ría de Cee-Corcubión

Non é certo que o BNG estea en contra do saneamento da Ría de Cee-Corcubión

O PP unha vez máis volve a impedir a rexeneración da ría de Corcubión, e a súadeputada Marisol Piñeiro volve a mentir ao botarlle a culpa ao BNG, único partido que xa levou varias propostas ao parlamento galego e europeo para que se cumpra tal fin. Minte a señora Marisol Piñeiro cando di que é o BNG o culpable de que non se aprobe a resolución xa que é a súa maioría a que impediu que saíra adiante a proposta do BNG do pasado 23 de Maio na que se instaba a Xunta a iniciar de “inmediato e sen máis demora” o saneamento integral da ría de Corcubión, a fin de cumprir os estándares europeos de cualidade da auga para baño e marisqueo, sobor de todo cando xa a Comisión Europea iniciara no 2010 un expediente de infracción diante do incumprimento das Directivas nestas materias.

COMUNICADO DE PRENSA

Non é certo que o BNG estea en contra do saneamento da Ría de Cee-Corcubión