A DEPUTADA DO BNG NO CONGRESO, ROSANA PÉREZ VISITA O HELIPORTO DE RUIBO

A DEPUTADA DO BNG NO CONGRESO, ROSANA PÉREZ VISITA O HELIPORTO DE RUIBO

A deputada do Bng, Rosana Pérez, visitou o heliporto de Ruibo-Lires, para ver en primeira pesoa o estado no que se atopa o aeródromo que comeza a dar síntomas de abandono, e expor a visión do Bng sobre a problemática existente.

Trala resposta do PP no Congreso, no que recoñece que, o helicóptero de rescate no mar, definitivamente é trasladado ao aeroporto de Santiago, baixo a xustificación de “que a operatividade na base de Cee está restrinxida pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) a voos diúrnos”, o Bng vai pedir explicacións de novo sobre o futuro que lle espera ao heliporto e a seguridade marítiam na Costa da Morte.

Trala millonaria inversión fai un par de anos, atopámonos nestes intres ante unha infraestructura semiabandoada, e cun goberno que contesta moi ambiguamente as nosas preguntas, e que non fai mais que poñer icertidume sobre a protección da nosa xente do mar. O goberno esqueze que estamos a falar da vida de seres humanos, declarou a deputada.

Rosana Pérez, que estaba acompañada polos voceiros de Fisterra, Muxía, Corcubión e Cee, declarou tamén que...

O Bng só ve dúas saídas a esta situación:

Primeira: que de verdade esta ubicación non sexa a axeitada para a situación do aeródormo, polo que o goberno está obrigado a dar explicacións e esixir responsabilidades a quen tomou a decisión de situalo neste lugar. Si ademais había informes en contra,tal e como declarou a alcaldesa de Cee, alguén terá que explicar que foi exactamente o que pasou, o por qué das decisións, e é ahí onde entra tamén o Psoe, xa que foi en época de Pepe Blanco como ministro de Fomento, cando se tomaron as decisións.

Isto demostra, unha vez mais, que Pp e Psoe se tapan continuamente uns aos outros, algo similar ao que pasa coa investigación do acccidente de Angrois, onde ambos se negan a abrir unha comisión que esclareza o sucedido.

Segunda: que aínda que o sitio non sexa o mais axeitado, as deficiencias sexan posibles de solucionar mediante a execución ou implantación de sistemas técincos, que diminúan ou anulen ditos problemas. Polo tanto, é o goberno actual quen ten que dotar co que sexa preciso ao heliporto, sen escatimar en esforzos económicos, xa que as vidas humanas non poden estar no aire pola actual política de austeridade.

A mais, o goberno debe de cubrir as necesidades de persoal do aeródromo, e dicir, as gardas do persoal deben ser presenciais, e non estar a dez quilómetros, en Cee, xa que isto último fai que o tempo de resposta sexa mais longo dende Ruibo que dende Compostela, algo inaceptable para o Bng.

Cee a 18 de Maio de 2014

Serxio Domínguez Louro

Responsábel Comarcal do Bng Costa da Morte

la foto 1 (2)la foto 2 (2)la foto 3 (2)

A DEPUTADA DO BNG NO CONGRESO, ROSANA PÉREZ VISITA O HELIPORTO DE RUIBO