O BNG RECIBE RESPOSTA, POR PRIMEIRA VEZ, AS SÚAS RECLAMACIÓNS

O BNG RECIBE RESPOSTA, POR PRIMEIRA VEZ, AS SÚAS RECLAMACIÓNS

Dende que o primeiro de Marzo do 2012, no que a moción de censura prosperou e Pp e non adscritos chegaron ao poder, o Bng converteuse na única oposición ao goberno, a pesares de ter sido privado da representación no pleno do concello. Dende aquela, estivemos sempre atentos aos pasos dados polo goberno, fiscalizando, na medida das nosas posibilidades, a súa acción. Así mesmo, fomos a voz de veciños e veciñas que acudiron a nós cos problemas que afectaban a súa vida cotiá.

Cada unha desas accións foi completada, a mais da respectiva nota a prensa, cunha instancia e un escrito presentado no concello a atención da alcaldesa e do goberno na súa totalidade.

Engadir ademais, que presentamos numerosos escritos convertibles en mocións, para que calquer portavoz puidese usalo e levalo a pleno.

Agora, a mes de Decembro, e tras ter presentado o pasado 15 de Novembro unha reportaxe fotográfica e unha reclamación, nas oficinas municipais en torno a piscina municipal, ao seu funcionamento e as deficiencias e incumprimentos da empresa concesionaria, a alcaldesa ven de contestar por primeira vez, tras mais de 20 meses que durou o pacto, a nosa petición.

Dende o Bng congratulámonos do paso dado póla alcaldesa, e solicitámoslle de novo que a nosa petición de participación cidadá, que en dúas ocasións presentamos, sexa debatida en pleno. A aprobación desa petición, faría do noso concello, un concello mais aberto e mais democrático, a democracia non pode ser só depositar un voto nunha furna cada catro anos, sería un paso adiante cara unha sociedade mais ampla e participativa.

Dita petición, baséase principalmente en dar voz a calquer veciño/a ou colectivo e cun tempo determinado, ao final de cada pleno, sabedores da imposibilidade de poder interrumpilos no seu traballo. Ademais, calquer colectivo podería neste caso, presentar mocións ou escritos para ser tratados polo órgano de maior representación da administración local.

Dita petición, non é mais que a plasmación do que o Bng levou no seu programa electoral referido a PARTICIPACIÓN CIDADÁ, e que agora parece que aqueles que se abrigaron baixo as nosas siglas, esquecen unha e outra vez cando nos o solicitamos no concello.

Por último, pedimos ao equipo de goberno que coa maior premura solucionen as deficiencias e problemas na pisicina, agradecémos a súa resposta e quedaremos eternamente coa dúbida do porque a alcaldesa, vinte días despois de rachar o pacto contestou as nosas reclamacións e non o facía namentres tivo de compañeiros de viaxe aos exconcelleiros do Bng.

proposta mocion Cee Participación social BNG 231112

O BNG RECIBE RESPOSTA, POR PRIMEIRA VEZ, AS SÚAS RECLAMACIÓNS