O BNG PRESENTA UNHA RECLAMACIÓN NO CONCELLO POR UN TUBO NA PORTA DE APEM
Dende fai xa varios meses, un tubo de considerable taamaño, e que a simple vista parece sair do pozo de bombeo existente na zona, percorre boa parte da beirarrúa fronte ao centro APEM.
Dende o Bng supoñemos que no seu día foi necesario que se puxera, mais non podemos compartir que pasen os meses e siga no mesmo sitio, xa que a súa colocación está obstaculizando o acceso ao centro.
Pedimos pois que se solucione o problema que obriga a telo no sitio e se retire o tubo para que os usuarios do centro non teñan que saltalo cada vez que entran ou saian, co evidente perigo para quen o fai.
Cee, a 27 de Febreiro de 2015
Serxio Domínguez Louro