O BNG DE CEE VOLVE A PREGUNTAR POLA PROBLEMÁTICA NA PRAIA DE LIRES

O BNG DE CEE VOLVE A PREGUNTAR POLA PROBLEMÁTICA NA PRAIA DE LIRES

• Un mes despois seguimos sen novidades, e sen saber resultados da contraanálise.

Logo da declaración por parte da Xunta de Galiza da praia de Lires como non apta para o baño a finais do mes pasado, desde o Bng de Cée presentamos un escrito no concello para que se fixese, de inmediato, unha contraanálise, pero nada mais volvemos a saber do asunto.

Foron varias as chamadas que desde o Bng fixemos a consellería de medio ambiente, mais sempre atopamos a calada por resposta.

A piques de entrar no mes de Agosto, mes de maior afluencia turísitca e de maior uso do areal, nada sabemos sobre a calidade das augas, nada sabemos sobre si as persoas que está a usar a praia en condicións normais de baño está a correr algún risco para a saúde, e por suposto, nada sabemos sobre como porlle remedio ao problema, xa que tampouco se sabe do foco.

A mais, dende hai uns días o cartaz que advertía da situación xa non está no sitio. Si o concello ou outra administración o retirou deberían facelo público e sustituilo por un onde se autorice o baño, si pola contra non foi así e desapareceu por razóns alleas, pódese estar usando a praia en condicións pouco óptimas.

O goberno non pode mirar para outro lado, Lires depende moito do turismo, e ten que tomar cartas no asunto, localizar a orixe da contaminación e obrar en consecuencia, mais tendo en conta o pésimo funcionamento da depuradora de augas residuais existente na ría.

Dá a impresión, pola contra, que dende o goberno se está a deixar pasar os días e que veña o mal tempo para ir esquecendo o asunto, práctica habitual no proceder dos gobernos de Cée. As últimas declaracións do alcalde sobre a situación actual da praia da Concha, tachando o problema de mal endémico, fan crer que non existe vontade de porlle fin aos problemas de contaminación das rías, que queren convencernos que son situacións normais e non se poden revertir, cando evidentemente non é así.

O Bng de Cée presentará pois un escrito no concello pedindo información e que se fagan público, de inmediato, calquer novidade, si a houbese.

Cée, a 28 de Xullo de 2015

Serxio Domínguez louro

Portavoz do Bng de Cée

O BNG DE CEE VOLVE A PREGUNTAR POLA PROBLEMÁTICA NA PRAIA DE LIRES