O BNG DE CEE PRESENTA ALEGACIÓNS AOS ORZAMENTOS DE CEE DO 2O14

O BNG DE CEE PRESENTA ALEGACIÓNS AOS ORZAMENTOS DE CEE DO 2O14

Tras seren aprobados os orzamentos o pasado 19 de Decembro, e de que sairan o 30 do mesmo mes a exposición pública, o Bng de Cee, logo de estudalos e revisalos profundamente, ven de presentar as seguintes alegacións aos mesmos, dentro do prazo estipulado por lei:

Sendo competencia e obriga do Concello o mantemento e renovación das infraestruturas locais destinadas á comunicación vial e peonil, non hai compromiso nin acordo do goberno municipal para atender

• A terminación da renovación do asfaltado da estrada Toba-Lires. O goberno anterior renovou a estrada dende Toba ate a Cabaleriza, parándoa xusto na entrada a parroquia de Lires, polo que falta o tramo ate o final.

• O arranxo das vías interiores en Raso-Brens. Estas vías están pouco menos que intransitábeis, cheas de baches e pozas de auga.

• O arranxo da travesía de Ameixenda. Esta pasa por ser unha obra demandada, dende que a estrada a Muros se pasou a parte de abaixo da aldea. Dende aquela, nada se fixo na travesía, quedando obsoleta e falta de renovación total.

• Ademais, sendo tamén de competencia e obriga do Concello a dotación de infraestruturas destinadas ao recreo e actuacións lúdicas dos nenos e nenas de Cee, non hai compromiso nin acordo do goberno municipal para dispoñer a instalación do parque infantil de Lires, sendo esta unha dotación mais que necesaria para equiparar as dotacións de todas as parroquias. Lires pasa por ser a parroquia que non ten esta dotación.

• A isto hai que xuntarlle o incumprimento no orzamento, de atender situacións graves que padecen os veciños e veciñas do noso concello como consecuencia da crise e o desemprego. Non se entende como se pode carecer de alternativas que permitan poñer en marcha un plan de emprego para atender aos veciños e veciñas sen traballo, confaindo toda esta lanoura a organizacións non gubernamentais, que tapan as carencias das administración.

Estes recen aprobados orzamentos, deixan as claras que nada cambia no noso concello. O Partido Popular, experto en recurtes, non é quen de aprobar uns orzamentos realistas e de recurte onde realmente hai que aforrar, como é no caso do adicado as asignacións por pleno e comisión dos edís, ao que se vai adicar 40000 euros, ou os 22900 euros en publicidade e propaganda.

Pola contra, e no que se refire aos servizos sociais, vólvese unha vez mais a confiar na caridade de organizacións non gubernamentais, obviando as obrigas que o concello ten co benstar dos seus veciños e veciñas.

A mais, a colocación dun radar co único afán recadatorio, non é mais que unha maneira de tapar a carencia de ideas deste goberno a como facer fronte as débedas dun concello gobernado, dende fai moito pola dereita.

A ausencia de partida para o impulso do emprego ou de calquer actividade económica, fai destes orzamentos, os orzamentos do "tirar para diante a ver que pasa"

Cee, a 14 de Xaneiro de 2014.

O BNG DE CEE PRESENTA ALEGACIÓNS AOS ORZAMENTOS DE CEE DO 2O14