O BNG DE CEE PON EN MARCHA A CAMPAÑA EN APOIO O PEQUENO COMERCIO

O BNG DE CEE PON EN MARCHA A CAMPAÑA EN APOIO O PEQUENO COMERCIO

Ante a desidia e a pasividade total do equipo de goberno atual, mais preocupado polos intereses das grandes compañías.

Por terceiro ano consecutivo, o Bng pon de novo en marcha a campaña de apoio ao pequeño comercio local de Cee, coincidindo coas datas festivas e nas que se fai un gasto maior por parte das familias.

Neste último ano a situación da economía no pais non fixo outra cousa que empeorar. As políticas económicas e de subidas de impostos do Pp, están a provocar unha grande crise na demanda, ao que hai que sumar as políticas de liberalización comercial que en Madrid se deciden e Feijoo asume e aplica. Esta situación leva a un grande desequilibrio no sector comercial pola grande cantidade de oferta, debido a expansión de grandes superficies comerciais.

No noso concello, a xa abundante oferta de grandes cadeas, sumouse unha nova competencia as xa existentes, outro novo atranco para o pequeño comercio do noso concello.

Esta cadea viuse ademais beneficiada cunha inversión duns 800.000 euros de cartos públicos e permitida polo goberno do Pp.

Medidas deste tipo, que ademais, xamais se ven cara o pequeno comercio, só axudan a ameazar de morte ao tecido comercio local.

Dende o Bng temos claro que o comercio local ten un papel importantísimo como dinamizador da economía do noso concello, o que gastas nel, acaba por volver dunha ou doutra maneira a ti, e non acaba en outras partes do estado, ou mesmo no extranxeiro. É ademais, un comercio mais sustentábel e mais respetusoso co medio ambiente, e significa unha aposta de futuro pola calidade, pola innovación e pola especialización.

Deste xeito, o Bng propón medidas para contrarestar o poder das grandes cadeas e favorecer e axudar ao pequeño comercio e/ou comercio familiar.

Algunhas delas son:

• Unha moratoria na implantación de grandes superficies comerciais, non deben abrir mais establecementos mentras os nosos xoves seguen a emigrar.

• Promover axudas para mellorar ou implantar comercios específicos que vendan productos do país.

• Establecer liñas de créditos prioritarias para o comercio de proximidade ou local.

• A regulación dos horarios comerciais a prol da normalidade de xornadas laborais, tanto dos empregados/as coma dos e das comerciantes e negocios familiares. Por pór un exemplo, as grandes cadeas van abrir os domingos este mes de Nadal todo o día, o que supón un claro trato de favor cara eses xigantes do comercio. Debemos ter en conta tamén, que a día de hoxe suceden cousas tan sen sentido, como que unha grande superficie non ten porque pagar mais a un/unha empregada por traballar un domingo ou festivo, namentras un pequeño comercio debe por lei facelo.

Cee, a 15 de Decembro de 2013

Serxio Domínguez Louro

Portavoz do Bng de Cee

Cartel Campaña Pequeno Comercio_001

O BNG DE CEE PON EN MARCHA A CAMPAÑA EN APOIO O PEQUENO COMERCIO