O BNG DE CEE PIDE EXPLICACIÓNS POLAS SUBVENCIÓNS PERDIDAS
No pleno do pasado mes de agosto, intervención presentou un informe onde,
entre outras anomalías, facía referencia a As subvencións deberían
xustificarse unha vez que se realiza o gasto para evitar problemas de
tesourería. Os problemas de xustificación nalgunhas subvencións dan
lugar o non ingreso das cantidades a percibir. Neste ano, como no
anterior, se observa un maior retraso na xustificacións que dan lugar a
penalidades por incumprimentos. A escasez de medios humáns ao longo
do exercicio, e a asunción de competencias por outros traballadores
municipais provocan este problema que debe ser corrixido para asegurar
a correcta obtención de subvencións. A ausencia de responsables dos
servizos é un factor a ter en conta e que plantexa problemas e atrasos na
xustificación de subvencións..
Por esta razón, o Bng ven de presentar unha petición no concello para que se
informe de cantas subvencións se perderon, así como da cantidade económica
que supuxo. Ademais, no vindeiro pleno solicitará que se lle dea solución
inmediata a situación.
En resposta a pregunta do Bng, o alcalde falou da prohibición de contratar a
outro traballador/a polo veto do goberno estatal, mais o que non dixo foi que a
propia lei di que no se autorizarán contratacións "salvo en casos
excepcionales y para cubrir necesidades urgentes e inaplazables que se
restringirán a los sectores, funciones y categorías profesionales que se
consideren prioritarios o que afecten al funcionamiento de los servicios
públicos esenciales".
Parece evidente pois, que estamos ante un caso onde si se pode contratar. A
situación económica de Cée non permite o luxo de non ingresar o diñeiro que
nos corresponde.
Cée, a 21 de setembro de 2015
Serxio Domínguez louro
Portavoz do Bng de Cée