O Bng de Cee pide ao alcalde que se reuna co colectivo de taxistas.
Ante a inminente chegada das festas patronais, e como xa pasou na pasada festa de San Cristovo, as paradas de taxis vense afectadas pola organización das verbenas, espectáculos e actuacións e pola ubicación das diferentes atraccións de feira e postos que se colocan, así como os diferentes cambios de dirección nas rúas.
Serxio Domínguez, concelleiro do Bng de Cée declarou que ....
É por iso que desde o Bng pedimos que o alcalde ou o concelleiro/a no que delegue, teña una reunión co colectivo para acordar o espazo a ocupar durante os días de festa. Hai que ter en conta que son días de moitísima actividade na vila, onde centos de persoas nos visitan, e no que moitas delas precisan deste medio de transporte. Por tanto, son tamén datas importantes para a economía dos profesionais, polo que unha ubicación axeitada e fácil de atopar para calquer usuario/a, axudará a que non se vexa resentida a súa actividade. É sumamente importante que haxa un diálogo co colectivo e un acordo para evitar, como xa ten pasado, ter que andar movendo as paradas dun lugar ao outro no último momento.
No escrito presentado hoxe por rexistro e dirirxido ao alcalde, pedimos ademáis, que nas casetas das paradas existentes, o concello coloque uns cartazes indicativos co lugar exacto, da ubicación, no caso de non ser posíbel telas onde están habitualmente.
Cée, a 03de Agosto de 2016
Serxio Domínguez Louro
Voceiro do Bng de Cée