O BNG DE CEE PEDIRÁ MELLORAS NA COBERTURA DE TELEFONÍA MÓBIL E INTERNET
Zonas do concello seguen case sen poder usar o móbil.
A cobertura de móbil e internet nas zonas rurais de Cee, son aínda hoxe un problema para os veciños e veciñas, e para o turismo e empresas, como no caso de Lires.
A diferenza do que ocorre no caso da telefonía fixa, non existe a obriga de cobertura universal na telefonía móbil. Non obstante, para áreas territoriales nas que non exista e queira garantirse unha cobertura, en ocasións óptase por convenios para abarcar maior porcentaxe de territorio entre os operadores e as Administracións Públicas (Concellos, Diputacións, ou Comunidades Autónomas). A non-obriga de cobertura deriva de que a telefonía móbil non forma parte o servizo universal... Esta foi a contestación recente a unha reclamación na páxina web http://www.usuariosteleco.es do Ministerio de Industria, Energía y Turismo.
Polo anteriormente exposto, o Bng de Cee pedirá no vindeiro pleno que o concello comece as conversas coas empresas de telefonía móbil correspondentes, e chegue a un acordo para levar a cabo ese convenio no menor tempo posíbel.
A día de hoxe a telefonía móbil e o acceso a internet son mais que básicos e impresincíbeis, polo que a administración local debe tomar as medidas precisas para segurar a mellor das coberturas e dos servizos.
Cee, a 08 de Abril de 2015
Serxio Domínguez Louro