O BNG DE CEE FAILLE SABER A VIGO QUE EN CEE TAMÉN SE BOTAN PATACAS

Outra mostra mais da parálise do goberno de IxCee.

O BNG DE CEE FAILLE SABER A VIGO QUE EN CEE TAMÉN SE BOTAN PATACAS

Trala aparición dos casos de San Martiño de Ozón, a Xunta daba unha primeira charla sobre o asunto en Muxía, a que foron convidados os alcaldes dos concellos limítrofes.

A ausencia do alcalde de Cee, ou de outro membro do goberno no que delegase, non demostra mais que a parálise da equipa gubernamental, que a mais de reducido en número, demostra día tras día o seu nulo interese polos problemas da veciñanza.

 

Estamos ante un problema de consecuencias aínda imprevisibles, no que corresponde estar moi atentos a súa evolución, como o fan nos demais concellos (o alcalde de Zas acudíu a reuníon aínda que non estaba convidado), e a ter informados aos afectados/as.

 

“No noso concello, na súa parte rural, a mais de algún productor para a venda, rara é a familia que non planta patacas para abastecemento propio e dos seus familiares, polo que é evidente que de non poder facelo vai ser un lastre económico importante, e queafectará de cheo as economías familiares.

Compre tamén lembrar que nen os soldos nen as pensións se destacan precisamente por seren altos, se non todo o contrario, polo que parte de moitos fogares dependen do que cultiven nas súas hortas. Este é o modo de traballar de Vigo e as súas concelleiras, xa que se nada fixeron coa vespa velutina, nada queren facer coa polilla”, declarou Serxio Domínguez, portavoz do Bng de Cee.

 

O vindeiro luns, o Bngvai rexistrar un escrito no que convidaremos ao alcalde a que de inmediato se poña a traballar no asunto, que organice as charlas informativas pertinentes e que se asesore a veciñanza no que facer coas plantacións existentes e a como contribuir a loitar contra a praga.

O BNG DE CEE FAILLE SABER A VIGO QUE EN CEE TAMÉN SE BOTAN PATACAS