CEE COAS IDEAS CLARAS

PROGRAMA ELECTORAL 2019 | MONTES E MEDIO RURAL. SUSTENTABILIDADE. MEDIO AMBIENTE. MAR

Serxio Domínguez, candidato á alcaldía de Cee
Serxio Domínguez, candidato á alcaldía de Cee
PROGRAMA ELECTORAL 2019 | MONTES E MEDIO RURAL. SUSTENTABILIDADE. MEDIO AMBIENTE. MAR

MONTES E MEDIO RURAL

• Traballaremos coas comunidades de montes e cos propietarios particulares que
queiran poñer en valor o monte e loitar contra o lum
e. Queremos que o monte
deixe de ser unha simple explotación forestal e volva ser o que sempre foi, un espazo
natural multiprodutivo e por riba de todo, sen lume. Existen outras experiencias no
país que fan do monte unha fábrica natural de carne, setas, mel, paisaxe, lecer,
deporte, saúde e cultura para os nosos fillos .

• Impulsaremos a creación dun “Banco de Terras” municipal que facilite os acordos
para a cesión desas parcelas. Sabemos que hai xente con terras que non as traballa
e xente sen terras que quere traballar na agricultura e gandería.

• Colaboraremos con outras administracións no desenvolvemento de políticas que
axuden ao incremento da produtividade nas actividades forestais; potenciaremos os
coutos redondos para a realización de cortas, plantacións, desbroces e resto de
tarefas do monte en conxunto, rendibilizando as tarefas.

• Potenciaremos o cumprimento da lei, con respecto á distancia entre as vivendas,
cultivos, e as explotacións forestais.

• Habilitaremos espazos municipais para a estiba de madeira.

SUSTENTABILIDADE. MEDIO AMBIENTE. MAR

• Poremos en marcha un Refuxio de Animais no antigo matadoiro de Toba.

• Crearemos e sinalizaremos os roteiros de sendeirismo do noso Concello: de Cee a
Estorde por Toba, de Lires a Area Grande, de Berroxe a Vanle, de Ameixenda aos
pozos; entre regatos e muíños esquecidos de Cee, de Ameixenda a Peneda, ruta de
todos os muíños do concello.

• Coidado de espazos naturais, Caneliñas, Ría de Lires, Monte de San Pedro, etc.

• Aposta polas enerxías renovables e medidas para o aforro enerxético.

• Melloras e reparación das redes de saneamento e abastecemento de augas.

• Análises da auga das fontes e manantiais públicos do Concello.

• Plan de mellora ambiental para todas as nosas praias.

• Limpeza e protección de praias durante todo o ano.

• Fomento da reciclaxe da veciñanza, coa realización de campañas específicas en
colexios e institutos, centros sociais e empresas.

CREACIÓN EN CADA PARROQUIA, DUN MINI PUNTO LIMPO. NEL HABERÁ
CONTEDORES PARA A RECOLLIDA DE PILAS, PAPEL, CARTÓN, ACEITES
USADOS, VIDRO, MOBLES, APARELLOS ELECTRÓNICOS, ETC... TODOS
ELES SERÁN XESTIONADOS DENDE...

Un punto limpo central no Polígono Empresarial de Cee, cos mesmos servizos
que os mini puntos pero con contedores e espazos axeitados para os residuos
existentes no concello.

• Arranxaremos o problema do lixo do mercado dominical; instarase a que cada posto
recolla adecuadamente o seu lixo.

• Faremos campañas de concienciación cidadá aumentando a pedagoxía en menores
para crear un entorno máis amable e habitable.

• Poñeremos ó servizo da cidadanía, vila e parroquias, de puntos de información da
localización dos lugares de recollida de cada residuo.

Residuos sólidos urbanos (RSU)

- O tema do lixo debe ser tratado comarcalmente.

- O BNG de Cee aposta pola compostaxe no tratamento de RSU. O primeiro é saber
que é necesario unha recollida selectiva do lixo, e isto significa separar en orixe entre
o lixo orgánico e o que non o é. Polo que faremos campañas de concienciación de
separación selectiva do lixo dende a orixe.
Promoveremos composteiros domésticos para as casas que dispoñan de horta,
xardín, etc. Reduciremos así a factura do lixo, tendo en conta que aproximadamente
o 50 - 60 % dos RSU son compostábeis, afórrase moito en volume e, sobre todo,
peso de residuos. A taxa que paga o Concello de Cee a Sogama vai en función do
volume de lixo que xenera, así que canto máis lixo se recicle máis gañaremos todos
os veciños.

Augas residuais

- Para a xestión de augas residuais é necesario separar totalmente as augas
canalizadas, pluviais de residuais, para proceder a depuración das que o necesiten,
e non sobrecargar as depuradoras con augas “limpas” da choiva. Ademais de facerlle
o mantemento correspondente das instalacións para que funcionen perfectamente.
Faremos posible ambas cousas.

cand