NOTA ENVIADA Ó CONCELLO POLO BNG DE CEE

NOTA ENVIADA Ó CONCELLO POLO BNG DE CEE

Eu, Serxio Domínguez Louro, con DI 32836581-x, e como concelleiro do

Bloque Nacionalista Galego no concello de Cee, traslado as seguintes preguntas a equipa de goberno para seren contestadas no vindeiro pleno:

• Cal foi o papel que xogou o goberno no acaecido cos feirantes durante as festas do San Cristovo?

• Si houbo tal intervención, a que se debíu?

• Que diferenza a Cee dos outros da bisbarra para que só sucedan estes acontecementos no noso concello?

• Están cuantificadas as perdas económicas nos locales de hostalería que supuxo o feito de non haber atraccións para o público?

• Supón o acontecido algún imprevisto económico ao concello?

• Vanse repetir nas vindeiras festas da Xunqueira?

• Que medidas se van tomar para rematar con este tipo de episodios que se veñen dando nas celebracións no noso concello?

Cee, 14 de Xullo de 2014.

Serxio Domínguez Louro