O BNG PRESENTA UNHA INICIATIVA NO PARLAMENTO PARA QUE SE TOMEN MEDIDAS NA SEGURIDADE VIARIA EN CEE

O BNG PRESENTA UNHA INICIATIVA NO PARLAMENTO PARA QUE SE TOMEN MEDIDAS NA SEGURIDADE VIARIA EN CEE

As veciñas e veciños de Cee levamos moito tempo sufrindo problemas de seguranza viaria, sobre todo nas dúas estradas comarcais, a C-552 Coruña- Fisterra, e a 550 Muros- Cee, ao seu paso pola localidade. Son varios os atropellos que se veñen dado nos últimos anos, o último este mes pasado, algún incluso con víctimas mortais.

Nestas travesías, as sinalizacións son defectuosas, existe unha escasa visibilidade dos sinais que alertan da existencia de pasos de peóns, a iluminación é claramente deficiente provocando problemas serios de visibilidade dos e das usuarias deste espazo.

Ademais na intersección das dúas rúas, o coñecido como “cruce de Roget”, fai xa anos que se colocaron tres semáforos, pero que nunca serviron para a súa función.

DSCN0245DSCN0247

Para o BNG é urxente que a Xunta de Galiza adopte as medidas necesarias para solucionar as deficiencias que teñen estas estradas ao paso por Cee, singularmente no que ten a ver coa seguranza viaria.

A Xunta de Galiza debería considerar pois que á vista dos graves problemas e deficiencias é necesaria unha actuación integral e urxente para mellorar a seguranza de todas as persoas usuarias desta vía.

Por iso o Bng presenta unha iniciativa no Parlamento para instar á Xunta de Galiza a executar, no prazo de tres meses, unha actuación de carácter integral que garanta a seguridade viaria de todos os usuarios e usuarias da C-552 e A Coruña- Fisterra, e a 550 Muros - Cee ao seu paso pola vila de Cee.

Cee, a 07 de Marzo de 2015

Serxio Domínguez Louro