O BNG DE CÉE REXISTRA A MOCIÓN PARA DAR SOLUCIÓN AOS PROBLEMAS DA PISCINA

O BNG DE CÉE REXISTRA A MOCIÓN PARA DAR SOLUCIÓN AOS PROBLEMAS DA PISCINA

• O alcalde usa informes para o seu beneficio, que a oposición aínda non ten.

O Bng de Cée ven de presentar por rexistro no concello a moción que foi rexeitada a súa introducción no último pleno cos votos de ixcée e psoe.

Nela, e tras expoñer en nove apartados todos e cada un dos incumprimentos da concesionaria, ( materia laboral e sanitaria, incumprimentos no prego de condicións, etc... ) pedimos que a comisión de seguimento que debe existir, e que aínda descoñecemos si existe, debería informar das actuacións realizadas en relación os seguintes temas:

• estado das denuncias ou inspeccións sanitarias realizadas no último ano, ben polo concello ou pola conselleria correspondente.

• subcontratas realizadas pola empresa concesionaria no último ano.

• levar un control directo de suxestións, queixas ou reclamacións que o usuario queira realizar facilitando un formulario nas propias instalacións para que os usuarios/as teñan acceso, sen necesidade de solicitalo, e que este se poida depositar no propio concello.

• estado e certificacións de cumprimento de normativas en materia eléctrica / · L.P.R. / · contraincendios

Así mesmo, pedimos tamén a apertura dun expedente para clarificar as graves acusacións vertidas nos medios de comunicación por unha suposta sabotaxe as instalacións municipais, e de non demostrarse ou non seren certas, instar a empresa a rectificar públicamente, sen menos cabo das sancións que no expedente se determinen.

A mais diso, nas últimas semanas o alcalde saíu na prensa para criticar veladamente a oposición por, según él, “minar a instalación e crear unha mala imaxe da mesma”.

A ese respecto, o portavoz do Bng de Cée, Serxio Domínguez declarou que “ a postura do Bng é a mesma que cando comezou este conflicto, a da obriga do cumprimento por parte da concesionaria de todos e cada un dos puntos do prego de condicións cos que gañou o concurso non seu día. Si alguén virou na súa opinión foi o própio alcalde, que estando na oposición pedía a máxima sanción a empresa, e agora tenta por todos os medios dar carpetazo a este asunto”.

Nesas declaracións a prensa, o alcalde fala dos informes do técnico de deportes e de interveción, nos que se basea para dar credibilidade a súa opinión, uns informes que a día de hoxe, as mans do Bng aínda non chegaron, polo que evidentemente o alcalde está a xogar coas cartas marcadas a partida. De calquer xeito, aínda sen telos, podemos decir que o concello ten catros opcións para dar solución ao conflicto.

• A primeira o SECUESTRO da concesión, o que permitiría restablecer as condicións que figuran no prego e a continuación devolver a empresa a xestión.

• Segunda, A RESOLUCIÓN CONTRACTUAL co que se podería sacar de novo a concurso a xestión, e mediante proceso público outorgarllo a outra empresa que estea disposta a cumprir o prego.

• Terceira, o RESCATE, quedarse coa xestión directa e subrogar os traballadores e traballadoras o que non implica a suba automática de salarios por que as categorias laborais da piscina -obviamente- non están recollidas na actual rpt que o concello ten e polo tanto non se incrementa o custe salarial (outra cousa serían negociacións posteriores que en función da realidade económica e organizativa da piscina poden levar a unha mellora fundamentalmente para eliminar a precariedade laboral e de condicións laborais) para iso é necesaria a xestión directa que deixaría as gañancias nas arcas do concello, redundado en beneficio de traballadores e usuarios do noso pobo de Cée. Nas labouras dun goberno local está tamén tratar de que os soldos dos seu veciños e veciñas sexan dignos para revertir na economía do pobo

• Cuarta, seguir como até o de agora e permitir a empresa campe as suas anchas e facer o que lle veña en gana, lucrarse cunha instalación municipal a costa de incumprir o prego, de precarizar o emprego e as condicións laborais dos traballadores/as.

Desde logo, e visto os antecedentes, a cuarta parece ser a aposta deste goberno.

Con respecto as acusacións de alarmismo polas condicións sanitarias, “ dende o Bng falamos de malas praxis nos controis de cloro que poden levar a malas condicións da auga, así como problemas coa ACS, auga quente sanitaria, que podería ocasionar casos de lexionela. Para nós é imprescindible que ambos controis sexan todo o minuciosos posíbeis, sen deixar ningún fío para posíbeis fallos. A excusa posta pola empresa e o alcalde faise moi cativa cando din que sanidade non deu nunca alarma sobre o asunto, sabendo todos que sanidade non está a diario no control de ambos parámetros, se non que se limita a comprobar os datos da empresa, que poden ser manipulados, ou como moito, a facer controis cada certo tempo”, declarou o portavoz do Bng.

Cee, 24 de outubro de 2014.

Serxio Domínguez Louro